Ceres (planeta anano): Diferenzas entre revisións
Contido eliminado Contido engadido
Etiqueta: edición de código 2017 |
m →Estado: correxindo texto |
||
Liña 30:
O debate de 2006 arredor de [[Plutón]] e a definición de "[[planeta]]", levou Ceres para ser (re)considerado para reclasificalo como un planeta. Unha proposta perante a [[Unión Astronómica Internacional]] (IAU, International Astronomical Union) para a definición de planeta era "un corpo celeste que (a) ten masa abonda para a súa auto-gravidade vencer as forzas de corpo ríxido de tal xeito que toma un equilibrio hidrostático (isto é, é aproximadamente esférico) e (b) está en órbita dunha estrela, e non é nen outra estrela nen satélite doutro planeta". De ser esta a resolución aprobada, Ceres tornaría ser o quinto planeta. Mais non foi aceite, e a definición aprobada (24 agosto 2006) acrecentaba o punto (c): "limpou (desaloxou de corpos de tamaño comparábel) a súa veciñanza nos arredores da súa órbita". Así, Ceres non é un planeta, pois partilla a súa órbita cos milleiros doutros asteroides no cinto principal, e é hoxe clasificado como "[[planeta anano]]" (xunto a [[Plutón (planeta anano)|Plutón]], [[Makemake (planeta anano)|Makemake]], [[Haumea (planeta anano)|Haumea]], [[Eris (planeta anano)|Eris]] e outros). O punto de se Ceres continúa a ser un asteroide non foi debatido. Clasificacións duplas como "cometas do cinto principal" existen de feito, e ser un planeta anano non excluíu ter outras designacións.
A misión [[Dawn]] da NASA determinou no ano 2017 que a superficie de Ceres esta formada por unha
== Véxase tamén ==
|