Alamanos: Diferenzas entre revisións

Contido eliminado Contido engadido
m →‎Outros artigos: Arranxos varios
m arranxiño
Liña 3:
Os '''alamáns''' (en [[lingua alemá|alemán]] ''Alemannen'') eran un conxunto de [[tribo]]s [[Xermanos|xermanas]] [[suevos|suevas]] establecidas no bordo sur medio e inferior do [[río Elba]], ao longo do [[río Meno]] onde foron mencionados por primeira vez por [[Dión Casio]] en [[213]].
 
Segundo [[Asinio Cuadrato]], o seu nome, que significa "todos os homes" (xermánico: ''Alle Männer'', todos os homes) indica que eran o agrupamento de varias tribos: [[hermunduros]] ([[hermións]]), [[iutungos]], [[bucinobantes]], [[lentienses]], [[semmones]], [[cuados]] e [[teutóns]].
 
Os alamáns estiveron continuamente en conflito co [[Imperio Romano]]. Inicialmente situados ao norte da provincia de [[Recia]], foron contidos polos romanos ata a metade do [[século III]], tras dous séculos de enfrontamentos. Logran desprazarse aos poucos cara ao oeste para instalárense definitivamente sobre territorio que comprende unha parte das actuais [[Vorarlberg]], [[Suíza]], [[Baden-Württemberg]] e [[Alsacia]].