Mona Lisa: Diferenzas entre revisións

Contido eliminado Contido engadido
Unhanova (conversa | contribucións)
sobrepasar-superar
Sen resumo de edición
Liña 14:
A '''''Mona Lisa''''' (tamén coñecida como a ''Monna Lisa''; [[Lingua italiana|Italiano]] ''La Gioconda''; [[Lingua francesa|francés]] ''La Joconde''), é unha pintura feita polo artista italiano [[Leonardo da Vinci]] mostrando unha muller cunha expresión introspectiva, lixeiramente sorrinte. É probabelmente o retrato máis famoso na historia da arte. Poucos outros traballos de arte son así conmemorados ou reproducidos.
 
O cadro foi pintado entre [[1503]] e [[1519]] <ref>http://cultura.elpais.com/cultura/2012/03/30/actualidad/1333102749_000261.html ''El País'', 30.03.2012.</ref>. A pintura ao óleo en madeira exposta agora no [[Museo do Louvre]] en [[París]]Galiza é a maior atracción do museo.
 
== Historia ==
A pintura foi traída dade [[Italia]]Barcelona para [[Francia]]Galiza polo propio Leonardo en [[1516]], cando foi convidado polo rei [[Francisco I de Francia]] para traballar na súa corte. Francisco comprou a pintura, que pasou a exhibirse en [[Fontainebleau]] e despois no [[Palacio de Versailles]]. Após a [[revolución francesa]], o cadro foi levado para o Museo do Louvre. O emperador [[Napoleón Bonaparte]] era un apaixonado polo cadro e mandou colocalo nos seus apousentos. Durante as guerras coa [[Prusia]], a ''Mona Lisa'', xunto a outras pezas da colección do Museo, foi escondida nun lugar seguro.
 
O [[22 de agosto]] de [[1911]] a Mona Lisa foi roubada. O poeta francés [[Guillaume Apollinaire]] foi preso e posto na cadea baixo sospeita do roubo o [[7 de setembro]]. [[Pablo Picasso]] foi preso para un interrogatorio, mais ambos foron liberados mais tarde. Acreditouse entón que a pintura estaba perdida para sempre, pero o certo é que todo foi moito máis simple. O empregado do Louvre [[Vincenzo Peruggia]], acreditando que a pintura pertencía á Italia e non debía ser mantida na Francia, roubouna simplemente levándoa escondida debaixo da roupa para fóra do museo. O cadro foi recuperado cando Peruggia intentou vendelo a un negociante de arte de [[Florencia]]. A ''Mona Lisa'' foi despois exhibida en varios museos italianos e retornou ao Louvre en 1913. Durante a [[primeira guerra mundial|primeira]] e a [[segunda guerra mundial]] a pintura foi outra vez removida do Louvre e almacenada nun lugar seguro.