Inquisición: Diferenzas entre revisións

Contido eliminado Contido engadido
Unhanova (conversa | contribucións)
Unhanova (conversa | contribucións)
Liña 26:
O papa [[Paulo III, papa|Paulo III]] estableceu en [[1542]] unha congregación permanente composta de cardeais, cuxa misión era manter e defender a integridade da [[Fe (relixión)|fe]] e examinar e suprimir erros e falsas doutrinas. Ese grupo, chamado entón ''Congregación do Santo Oficio'' e hoxe ''Congregación para a Doutrina da Fe'', formaba parte -e aínda o fai- da Curia Romana, e tornouse o corpo supervisor das Inquisicións locais. O [[papa]] indicaba un dos cardeais para presidir as reunións. Había normalmente outros dez cardeais na Congregación, así como un Prelado e dous asistentes, todos escollidos entre a [[Orde dos Predicadores|Orde Dominicana]]. O Santo Oficio tamén posúe un grupo internacional de consultores, especialistas experimentados en [[teoloxía]] e [[dereito canónico]], que aconsellan en cuestións específicas.
 
En [[1616]] os consultores deran a súa opinión sobre a afirmación de que o [[Sol]] non se movía e era o centro do [[Universo]], e que a [[Terra]] se movía ó redor do sol, dicindo que era "tola e absurda filosoficamente", e a primeira era "formalmente herética", mentres a segunda era "ao menos un erro de fe" en teoloxía. Iso puxo o libro ''De Revolutionibus Orbium Coelestium'' de [[Nicolás Copérnico]] no ''Index Librorium Prohibitorium'' (Índice dos Libros Prohibidos) ata que se corrixiu. Os mesmos consultores xulgaron a [[Galileo Galilei]] en [[1633]] cando este tamén afirmou que a Terra xiraba ó redor do Sol. Galileo foi condenado por "grave sospeita de herexía" e todos os seus traballos todos foron prohibidos.
 
Non todos os procesos de alegados herexes, ateos ou outros desvíos da fe católica foron xulgados pola Inquisición. Nalgúns países, como a [[Francia]] baixo o [[Antigo Réxime]], os ateos podían ser procesados por tribunais civís, coa posíbel aplicación da [[pena de morte]].