Xosé Ramón Gayoso: Diferenzas entre revisións

Contido eliminado Contido engadido
Elisardojm (conversa | contribucións)
amaño e ref
Poñer un que onde faltaba, que mellor que sobre que que falte
Liña 16:
 
== Traxectoria ==
Estudou no colexio [[A Coruña|coruñés]] da [[Grande Obra de Atocha]]. Licenciouse en dereito na [[Universidade de Santiago de Compostela]]. Practicante de [[atletismo]], en concreto lanzamento de [[martelo]], proclamouse campión de España en [[1975]] cun lanzamento de 46 m<ref>[http://www.lavozdegalicia.es/fotos/2008/11/21/01101227280643842155640.htm# La Voz de Galicia]</ref>. Practicando atletismo coñeceu a [[Álvaro Someso (atleta)|Álvaro Someso]], campión galego de [[salto de altura]] en [[1973]], con quen en [[1978]] formou o dúo ''Keltia''. Xuntos editaron en [[1979]] ''Choca esos cinco'', disco que foi producido por [[CBS]], onde a metade das cancións estaban interpretadas en [[lingua galega|galego]], e onde facían versións de [[José Afonso]] e musicaban a [[Rosalía de Castro]].<ref name="laopinioncoruna.es">[http://www.laopinioncoruna.es/contraportada/2010/05/05/jose-ramon-gayoso-culpa-padres-subirme-escenario/381382.html José Ramón Gayoso: ´La culpa de todo la tienen mis padres por subirme al escenario´], ''[[La Opinión de A Coruña]]'', 5/5/2010.</ref><ref>[http://caratulascoque.blogspot.com/2008/06/choca-esos-cinco-cbs-1979-keltia.html Choca esos cinco (CBS) 1979]. Cara Tula, web de curiosidades discográfica, 26/6/2008.</ref>.
 
Recomendado pola cantante [[Elsa Baeza]], marchou a [[Madrid]] traballar ao despacho de avogados de Luis Zarraluqui, especializado en [[divorcio]]s e nulidades, co que tivo que intervir en casos no [[Tribunal de La Rota]]. Logo de tres anos, regresou a Galicia e comezou a traballar na [[TVG]]. Tentouno como asesor xurídico, pero acabou traballando de presentador desde a súa inauguración en [[1985]]<ref name="laopinioncoruna.es"/>. Presentou programas como ''[[Entre nós]]'', ''[[Boa Noite]]'', ''[[Lúa Nova]]'', ''O veciño do xoves'', ''Corazonada'', ''Adiviña quen ven esta noite'' e ''Pensando en ti''. Pero foi con ''[[Luar (programa)|Luar]]'', a partir de 1992, cando se fixo inmensamente popular.