Contido eliminado Contido engadido
Sen resumo de edición
Sen resumo de edición
Liña 7:
Ola, Santiago. Moi bos os teus artigos, e moi bos tamén os comentarios, que axudaron a melloralos moito. Polo do galego non te preocupes. A Galipedia é unha obra que se fai entre todos, e cada un achega a parte na que sabe máis. Así que non teñas medo de meter a pata ou de non estar á ultimísima, porque sempre haberá quen o emende. Ti por iso non teñas mal. Sería estupendo qu seguises usando os teus coñecementos de estradas en facer máis artigos... Son realmente moi bos: ben estruturados, achegando distintos puntos de vista... Con respecto ao das declaracións, é moi necesario que indiques a fonte en concreto: se é dun vídeo de YouTube, pois metendo unha ligazón ao vídeo; se é un artigo de La Región en papel, indicando que día se publicou, p.ex. O ideal sería que todos os datos que se verquesen na wikipedia estivesen referenciados; como iso é complexo, laborioso e non sempre se dá feito (e por iso hai só 27.000 artigos na Galipedia), cando menos deben estar referenciadas as afirmacións que poden dar a polémica. E estas dende o logo o son. Se podes buscar esas referencias concretas e indicalas, xa se podería retirar a etiqueta de atención. Moitas grazas, de verdade. --[[User:Xabier Cid|Xabier Cid]] 00:58, 5 setembro 2007 (UTC)
 
*Outra cousa: aproveiteime do teu traballo para crear as plantillas correspondentes ás estradas da rede primaria básica e da rede primaria complementaria. Xa que estou podía crear da mesma forma as plantillas correspondentes ás outras redes, pero necesitaría saber os códigos de cores. Onde podería miralo? que clasificacións hai? Grazas por todo. --[[User:Xabier Cid|Xabier Cid]] 02:11, 5 setembro 2007 (UTC) Tomeime a licenza de facer a etiqueta da A-76, pero non estou seguro dos datos. Podes botarlle un ollo? Grazas. --[[User:Xabier Cid|Xabier Cid]] 02:43, 5 setembro 2007 (UTC)