Sucre: Diferenzas entre revisións

Contido eliminado Contido engadido
m →‎Historia: arranxiño
m →‎Historia: arranxiño
Liña 35:
A cidade foi fundada en [[1539]] polo capitán e conquistador [[Pedro de Anzures]], marqués de Campo Redondo, co o nome '''Charcas''', en referencia ao pobo dos [[charkas]] que vivían na rexión. Ao longo da súa historia recibíu outros nomes, como La Plata ou Chuquisaca. Foi no século XVIII cando recibíu o nome de '''La Plata''', pola súa localización no Virreinato de la Plata, que en boa medida estaba delimitado xeograficamente polo conca do [[río da Prata]], actualemente na Arxentina.
No ano [[1561]], o rei [[Filipe II de España|Filipe II]] estabeleceu na cidade a '''Audiencia de Charcas''', con autoridade sobre un extenso territorio que comprendía o que actualmente corresponde ao [[Paraguai]], o sudestesueste do Perú, o norte de [[Chile]], o norte da [[Arxentina]] e unha boa parte de Bolivia. En [[1609]], Charcas pasou a ser sede dun [[arcebispado]] e en [[1624]] foi creada na cidade a [[Universidade de San Francisco Xavier]].
 
Durante o século XVIII, Charcas, agora dita La Plata, é o centro xudicial, relixioso e cultural da rexión. Cando en [[1839]], a cidade se converte na capital de Bolivia, é rebautizada, con o nome de Sucre en honra do marechal [[Antonio José de Sucre]], camarada de armas do libertador [[Simón Bolívar]] na loita pola independencia de [[Bolivia]], [[Colombia]], [[Ecuador]], [[Perú]] e [[Venezuela]]. Unha vez perdido o seu principal recurso económico, a prata, logo da decadencia de Potosí, a capitalidade do país foi transferida para [[La Paz, Bolivia|La Paz]], despois dunha guerra civil ([[1898]]), perdida polos "conservadores" sucrenses fronte os "libérais" paceños. Con todo Sucre manteu o seu status de capital nacional como sede do poder xudicial.