Abrir o menú principal

Cambios

 
== Traxectoria ==
More entrou na corte de [[Henrique VIII de Inglaterra|Henrique VIII]] en [[1520]], converténdose en cabaleiro ao ano seguinte. Fixo carreira como avogado. Como académico foi inicialmente un [[Humanismo|humanista]] no sentido consensual do termo. Foi un grande amigo de [[Erasmo de Róterdam]], que lle dedicou o seu "In Praise of Folly"—a palabra "folly" é Moría en grego. As relacións posteriores entre os dous tornáronse acedas unha vez que More se mantivese comprometido co conservadorismo relixioso mentres que Erasmo tentou probar aquilo que viu como falacias atrincheiradas da doutrina católica. More foi o autor de varios longos - e por veces crueis - tratados atacando a "reformadores" relixiosos tan diversos como [[William Tyndale]], [[Christopher St. German]], [[Martiño Lutero]] e todos aqueles que cuestionasen calquera área de privilexio da igrexa, sexa espiritual, sexa temporal, como a primacía do [[dereito canónico]] sobre o [[dereito civil]].
 
A súa chancelaría (1529-32) distinguiuse por pouco máis que a súa persecución de herexes e dos seus traballos. O gran paradoxo da vida de More é o de ser un home que é hoxe visto como un libertador e un librepensador mais que foi igualmente (poderá ser argumentado, ao mesmo tempo) un fanático relixioso.