Abrir o menú principal

Cambios

m
== De San Quintín a Lepanto (1556-1571) ==
[[Ficheiro:Thetriumphofdeath.jpg|miniatura|250px|''[[O Triunfo da Morte]]'' (c. 1562), por [[Pieter Brueghel o Vello]], reflicte o tratamento severo que as [[Dezasete Provincias]] recibiron no século XVI.]]
Europa aínda non estaba en paz, xa que o agresivo [[Henrique II de Francia]] chegou ao trono en 1547 e inmediatamente renovou o conflito armado. O sucesor de Carlos, Filipe II, conseguiu esmagar ao exército francés na [[Batalla de San Quintín (1557)|Batallabatalla de San Quintín]] en [[Picardía]] no ano [[1557]] e derrotar de novo a Henrique na [[Batallabatalla de Gravelinas]] o ano seguinte. A [[Paz de Cateau-Cambrésis]], asinada en [[1559]], recoñeceu definitivamente as reivindicacións de España en Italia. Nas celebracións posteriores ao tratado, Henrique morreu por unha estela desviada dunha lanza. Durante os seguintes trinta anos Francia foi azoutada por guerras civís e desordes internas (véxase [[Guerrasguerras de relixión de Francia]]) e foi incapaz de competir eficazmente con España e os Habsburgo na loita polo poder europeo. Liberado de calquera oposición francesa seria, España presenciou o apoxeo do seu poder e expansión territorial no período 1559-1643.
 
Segundo un estendido punto de vista, que ás veces era expresado polos deputados casteláns nas Cortes, Carlos e os seus sucesores, no canto de centrar os seus esforzos en Castela, o corazón do seu Imperio, intentando unha unificación dos territorios españois cunha perspectiva centralista, considerárona só como outra parte do seu imperio. Niso a [[monarquía autoritaria]] dos Habsburgo difería da orientación [[Absolutismo|absolutista]] ou precozmente [[nacionalista]] doutras potencias europeas (Francia, Inglaterra ou os Países Baixos), sendo debatido pola historiografía a súa condición moderna (o estado-nación) ou máis ben continuadora de ideais e entidades medievais de vocación universal (papado e imperio). Conseguir os obxectivos políticos da dinastía -que ante todo significou debilitar o poder de Francia, manter a hexemonía Católica Habsburga en Alemaña, e conter ao Imperio Otomán- foi máis importante para os gobernantes Habsburgo que a protección de España. Esta énfase, que se explicitou na frase atribuída a Filipe II: ''Antes preferiría perder os meus Estados e cen vidas que tivese que reinar sobre herexes'', contribuiría decisivamente ao declive do poder imperial español.
 
O [[Imperio Español]] crecera substancialmente desde os días de Fernando e Isabel. Os imperios [[Imperio azteca|azteca]] e [[Imperio Inca|inca]] foron conquistados durante o reinado de Carlos, de 1519 a 1521 e de 1540 a 1558, respectivamente. Establecéronse asentamentos españois no Novo Mundo: [[Florida, Estados Unidos de América|Florida]] foi colonizada nos anos 1560, [[Buenos Aires]] foi asentada en 1536 e [[Nova Granada]] (hoxe en día [[Colombia]]) foi colonizada nos anos 1530. [[Manila]], nas [[Filipinas]], foi asentada en 1572. O [[Imperio Españolespañol]] no estranxeiro converteuse na orixe da riqueza e poder español en Europa, pero contribuíu tamén á inflación. No canto de impulsar a economía española, a prata americana fixo a España dependente dos recursos estranxeiros de materias primas e bens manufacturados. As transformacións económicas e sociais que orientaban a Europa Noroccidental na [[transición do feudalismo ao capitalismo]] non tiveron o mesmo ritmo en España -nin na Europa Central e Meridional-.
 
[[Ficheiro:Battle_of_Lepanto_1571.jpg|miniatura|dereita|300px|A [[Batallabatalla de Lepanto]] (1571) marcou o final da expansión do [[Imperio Otomán]] no [[Mediterráneo]].]]
 
Logo da vitoria de España sobre Francia en 1559 e o inicio das guerras relixiosas de Francia, as ambicións de Filipe creceron. O [[Imperio Otomán]] ameazara desde facía tempo os límites dos dominios dos Habsburgo en Austria e o Noroeste de África, e como resposta Fernando e Isabel enviaran expedicións ao norte de África, capturando [[Melilla]] en [[1497]] e [[Orán]] en [[1509]]. Carlos preferiu combater aos otománs a través dunha estratexia considerablemente máis marítima, obstaculizando os desembarcos otománs nos territorios venecianos no leste do Mediterráneo. Só en resposta á fustrigación contra as costas mediterráneas españolas, Carlos liderou persoalmente os ataques contra os asentamentos no norte de África, como n[[a Xornada de Tunisia]] en [[1535]] e a [[Xornada de Alxer]] en [[1541]]. En [[1565]], os españois derrotaron un [[Sitio de Malta (1565)|desembarco otomán]] na estratexicamente vital illa de [[Malta]], defendida polos [[Orde de Malta|cabaleiros de San Xoán]]. A morte de [[Suleiman I|Suleiman o Magnífico]] o ano seguinte e a súa sucesión polo menos capacitado [[Selim II]] envalentonou a Filipe, que decidiu levar a guerra ás terras otomás. En 1571, unha expedición naval mixta (con [[República de Xénova|Xénova]], Venecia e o [[Estados Pontificios|Papado]]) liderada polo fillo ilexítimo de Carlos, [[Xoán de Austria]], aniquilou a frota otomá na [[Batallabatalla de Lepanto]], unha das máis soadas da historia naval. O éxito cristián, sen comprometer a hexemonía naval otomá no Mediterráneo Oriental, si conseguiu aliviar a presión sobre o Occidental, manténdose o ''[[statu quo]]'' durante os séculos seguintes.
 
== O rei axitado (1571-1598) ==
100.665

edicións