Casa dos Austria: Diferenzas entre revisións

Contido eliminado Contido engadido
m →‎Historia: arranxiño
m →‎De San Quintín a Lepanto (1556-1571): Florida, Estados Unidos de América
Liña 45:
Segundo un estendido punto de vista, que ás veces era expresado polos deputados casteláns nas Cortes, Carlos e os seus sucesores, no canto de centrar os seus esforzos en Castela, o corazón do seu Imperio, intentando unha unificación dos territorios españois cunha perspectiva centralista, considerárona só como outra parte do seu imperio. Niso a [[monarquía autoritaria]] dos Habsburgo difería da orientación [[Absolutismo|absolutista]] ou precozmente [[nacionalista]] doutras potencias europeas (Francia, Inglaterra ou os Países Baixos), sendo debatido pola historiografía a súa condición moderna (o estado-nación) ou máis ben continuadora de ideais e entidades medievais de vocación universal (papado e imperio). Conseguir os obxectivos políticos da dinastía -que ante todo significou debilitar o poder de Francia, manter a hexemonía Católica Habsburga en Alemaña, e conter ao Imperio Otomán- foi máis importante para os gobernantes Habsburgo que a protección de España. Esta énfase, que se explicitou na frase atribuída a Filipe II: ''Antes preferiría perder os meus Estados e cen vidas que tivese que reinar sobre herexes'', contribuiría decisivamente ao declive do poder imperial español.
 
O [[Imperio Español]] crecera substancialmente desde os días de Fernando e Isabel. Os imperios [[Imperio azteca|azteca]] e [[Imperio Inca|inca]] foron conquistados durante o reinado de Carlos, de 1519 a 1521 e de 1540 a 1558, respectivamente. Establecéronse asentamentos españois no Novo Mundo: [[Florida, Estados Unidos de América|Florida]] foi colonizada nos anos 1560, [[Buenos Aires]] foi asentada en 1536 e [[Nova Granada]] (hoxe en día [[Colombia]]) foi colonizada nos anos 1530. [[Manila]], nas [[Filipinas]], foi asentada en 1572. O [[Imperio Español]] no estranxeiro converteuse na orixe da riqueza e poder español en Europa, pero contribuíu tamén á inflación. No canto de impulsar a economía española, a prata americana fixo a España dependente dos recursos estranxeiros de materias primas e bens manufacturados. As transformacións económicas e sociais que orientaban a Europa Noroccidental na [[transición do feudalismo ao capitalismo]] non tiveron o mesmo ritmo en España -nin na Europa Central e Meridional-.
 
[[Ficheiro:Battle_of_Lepanto_1571.jpg|miniatura|dereita|300px|A [[Batalla de Lepanto]] (1571) marcou o final da expansión do [[Imperio Otomán]] no [[Mediterráneo]].]]