Diferenzas entre revisións de «Ecgfrith de Northumbria»

arranxos
(insiro modelo biografía)
Etiqueta: edición de código 2017
(arranxos)
Etiqueta: edición de código 2017
Ecgfrith foi fillo do seu predecesor como rei, [[Oswiu de Northumbria]]. [[Beda]] cóntanos na súa ''[[Historia ecclesiastica gentis Anglorum|Historia Eclesiástica da Xente Inglesa]]'', que Ecgfrith foi tomado como refén "na corte da raíña Cynwise na provincia dos [[Mercia|mercios]]" nos tempos da invasión de Northumbria por [[Penda|Penda de Mercia]] no ano [[654]] ou 655. Penda, con todo, foi derrotado e morreu na [[Batalla de Winwaed]], a mans dos northumbreses ao comando de Oswiu, unha vitoria que expandiu considerablemente o poder e territorio de Northumbria.
 
Ecgfrith foi nomeado Rei de [[Deira (reino)|Deira]], un subreino de Northumbria, en [[664]], e converteuse en rei de Northumbria despois da morte do seu pai o [[15 de febreiro]] de 670. casou con [[Eteldreda de Ely]], filla de [[Anna de Anglia Oriental|Ana de Anglia Oriental]], en [[660]]; con todo, ela elixiu o hábito pouco despois de que Ecgfrith ascendese ao trono, algo que posiblemente ocasionou o longo conflito con Wilfrido, o Arcebispo de York. Ecgfrith casou por segunda vez con Eormenburga, antes de [[678]], o ano no que expulsou a Wilfrido do seu reino.
 
A principios do seu reino derrotou aos [[Pictos]], os cales se alzaron en armas, e crearan o subreino de Lothian. En [[674]], Ecgfrith derrotou a [[Wulfhere de Mercia]] e capturou o [[Reino de Lindsey]]. En [[679]], loitou contra [[Mercia]] que estaba baixo liderado de [[Aethelred de Mercia|EtelredoAethelred]] (o cal se casou con Osthryth, a irmá de Ecgfrith) no [[río Trent]]. Elfwine[[Aelfwine de Deira|Aelfwine]], o irmán de Ecgfrith, morreu en combate, e a provincia de Lindsey foi cedida cando a paz foi restaurada por intercesión de Teodoro de TarsusTarso.
 
En [[684]], Ecgfrith mandou unha expedición a Irlanda a cargo do xeneral Berht, a cal parece que non foi exitosa, xa que ningún terreo [[Irlanda|irlandés]] foi conquistado polos [[anglosaxóns]]. Pero a expedición foi exitosa no sentido de que os homes de Ecgfrith puideron saquear aldeas levando escravos e tesouros de regreso a casa. En [[685]], en contra das advertencias de Cutberto de Lindisfarne, dirixiu un escuadrón en contra dos [[pictos]], os cales eran dirixidos polo seu primo [[Bridei III|Bruide mac Bili]], e foi enganado nunha retirada falsa a cal os levou até unha trampa onde o seu réxime foi sorprendido, e na cal morreu. Esta confrontación, coñecida como [[Batalla de Nechtansmere]], debilitou o control de Northumbria no norte, e Beda marca este punto como o principio do declive de Northumbria. Foi remplazado polo seu irmán ilexítimo, AldfridoEaldfrith.
 
Ecgfrith parece ser o primeiro rei de Northumbria, e así mesmo, o primeiro rei [[Anglosaxóns|anglosaxón]], en instituír o penique de prata, o cal se convertería na moeda basee de [[Inglaterra]] por varios séculos. Existiron moedas anglosaxoas antes, pero estas foron raras de atopar, a máis común foi o xilin de ouro, ou "thrymsas", copiadas de modelos romanos. Os peniques, ou "sceattas", foron grosos, feitos en moldes, posiblemente copiados de moedas [[Dinastía Merovinxia|merovinxias]], e foron repartidas a gran escala.
52.562

edicións