Carl von Linné: Diferenzas entre revisións

Contido eliminado Contido engadido
Jglamela (conversa | contribucións)
Jglamela (conversa | contribucións)
→‎Honras: Arranxos
Liña 346:
 
== Honras ==
Os aniversarios do nacemento de Linné, particularmente os centenarios, foron conmemorados con grandes celebracións.<ref name="Östholm">"Making Memorials: Early Celebrations of Linnaeus" de Hanna Östholm, do número especial 8 de ''The Linnean'' (Newsletter and Proceedings of the Linnean Society of London) [http://www.linnean.org/fileadmin/images/Linnean/Special_Issue_8_-_The_Linneaen_Legacy.pdf]</ref> En 1807 organizáronse eventos en Suecia que contaron coas fillas de Linné e apóstolos como Afzelius, que naquel tempo era o máximo responsable do breve [[Instituto Linné]]. Un século máis tarde, as celebracións do bicentenario estendéronse polo mundo e foron aínda maiores en Suecia. A Universidade de Uppsala concedeu doutoramentos ''honoris causa'' a [[Ernst Haeckel]], [[Francis Darwin]] e [[Selma Lagerlöf]], entre outros. Os memoriais foron tan numerosos que os xornalistas cansáronsese cansaron de publicar [[caricatura]]s de Linné.<ref>{{cita web|url=http://www.linnaeus.uu.se/online/history/karikatyr.html |título=Linné on line - Caricatures of Linnaeus |editor=Linnaeus.uu.se |date= |dataacceso=28-10-2012 |lingua=inglés}}</ref>
 
En 1917, no 210 aniversario do nacemento de Linné, formouse a [[Sociedade Linneana Sueca]], que procedeu a restaurar o [[xardín de Linné]], que quedara abandonado. En 2007, celebrouse o tricentenario do seu nacemento. Aquel ano, produciuse un documental titulado ''[[Expedition Linnaeus]]'', co obxectivo de concienciar óo público da importancia de respectar a natureza.
 
En 1986, introduciuse un novo billete de 100 coroas suecas en honra de Linné. Ó dorso, aparece o botánico e de fondo un borrador do seu xardín en Uppsala, debuxos de plantas do seu libro ''Præludia Sponsaliarum Plantarum'' (1729), e a súa divisa en microtexto, que di ''OMNIA MIRARI ETIAM TRITISSIMA'' (''DescobreDescubre marabillas por todas as partes, mesmo nos lugares máis comúns''). Ó dorso do billete, aparece unha abella polinizando unha flor. Esta imaxe foi creada utilizando unha fotografía de [[Lennart Nilsson]] cun fondo que mostra imaxes estilizadas da fertilización das flores e a reconstrución de como se vería unha flor cos ollos compostos dun insecto.<ref>{{cita web|url=http://www.riksbank.com/templates/Page.aspx?id=10571 |título=Sveriges Riksbank/Riksbanken - bitllet de 100 corones |editor=Riksbank.com |data=01-01-2006 |dataacceso=25-06-2010}}</ref>
 
Linné apareceu en numerosos selos postais e outros billetes suecos.<ref name="Östholm" />