Carl von Linné: Diferenzas entre revisións

Contido eliminado Contido engadido
Jglamela (conversa | contribucións)
Jglamela (conversa | contribucións)
Liña 294:
A finais da súa vida, a colección de Linné en [[Uppsala]] estaba considerada unha das mellores coleccións de obxectos de historia natural de [[Suecia]]. Ó lado da súa propia colección, construíu un museo para a universidade de Uppsala, que foi dotado con material doado por [[Carl Gyllenborg]] (en 1744–1745), o príncipe [[Adolfo Federico de Suecia]] (en 1745), Erik Petreus (en 1746), Claes Grill (en 1746), Magnus Lagerström (en 1748 e 1750) e [[Jonas Alströmer]] (en 1749). A relación entre o museo e a colección privada non foi formalizada e a constante chegada de material dos pupilos de Linné foi incorporada á colección privada máis que ó museo.<ref name="Wallin, L. 2001">[http://www.evolutionsmuseet.uu.se/samling/UUZM04_Linnaeus.pdf Wallin, L. 2001.] Catálogo de espécimes tipo. 4. Espécimes Linneanos. – pp. [1], 1–128. Uppsala. (Universidade de Uppsala, Museo da Evolución, Sección Zooloxía).</ref> Linné sentía que o seu traballo estaba reflectindo a harmonía da natureza e dixo en [[1754]] "a terra non é máis que un museo de tódalas obras mestras do creador, divididas en tres caixóns". El cambiou a súa propia casa nun microcosmos dese 'museo mundial'.<ref>Lisbet Koerner, "Carl Linnaeus in his Time and Place," en Cultures of Natural History, ed. Nicholas Jardine, James A. Secord, e Emma C. Spary (Cambridge: Cambridge University Press, 1995), pp. 145–162.</ref>
 
En abril de [[1766]] partes da cidade foron destruídas por un incendio e por esta razón a colección privada de Linné foi movida a un almacén fóra da cidade, e pouco despois a un edificio de pedra dunha habitación situado próximo a súa casa de campo de Hammarby, preto de Uppsala. Isto provocou a separación física das dúas coleccións xa que a colección do museo mantívosese mantivo no xardín botánico da universidade. Algún material que precisaba coidados especiais (espécimes en alcohol) ou un amplo espazo de almacenamento, foron movidos da colección privada ó museo.
 
En Hammarby a colección privada de Linné sufriu seriamente a humidade e a depredación dos ratos e insectos. O fillo de Linné, Carl Linnaeus, herdou a colección en [[1778]] e mantívoa con el ata a súa morte en [[1783]]. Pouco despois da morte de Linné, o seu fillo confirmou que os ratos causaran "danos horribles" ás plantas e tamén que as [[traza]]s e os mofos provocaran danos considerables.<ref name="Dance, S.P. 1967">Dance, S.P. 1967. Report on the Linnaean shell collection. – Proceedings of the Linnean Society of London 178 (1): 1–24, Pl. 1-10.</ref> Intentou rescatalos do abandono que sufriran nos últimos anos do seu pai, e tamén engadiu máis espécimes. Porén, esta última actividade reduciu, máis que aumentou, o valor científico do material orixinal.
 
En [[1784]] o botánico [[James Edward Smith]] mercou case tódolos efectos científicos privados de Linné á viúva e á filla de Linné, e enviounos a Londres.<ref>Jackson, B. D. 1923. Linnaeus (afterwards Carl von Linné), the story of his life. Adaptado do sueco de Theodor Magnus Fries. – pp. I-XV [= 1–15], 1–416. Londres. (Witherby).</ref> Non todo o material da colección foi enviado a Londres, trinta e tres espécimes de peixes conservados en alcohol nunca se enviaron e remataron perdéndose.{{Cómpre referencia}}