Valentín Paz-Andrade: Diferenzas entre revisións

Contido eliminado Contido engadido
→‎Guerra civil e posguerra: + dato desde a referencia achegada
Sen resumo de edición
Liña 47:
En [[1917]] comezou os estudos de [[Dereito]], na [[Universidade de Santiago de Compostela]], que rematou en 1921.<ref name=culturagalega/> Neste tempo comezou tamén a colaborar co diario santiagués ''[[Gaceta de Galicia]]''. Simultaneamente foi xefe de redacción do semanario ''[[La Provincia (Pontevedra)|La Provincia]]'' de Pontevedra (1917-1922).
 
Durante a súa etapa formativa iniciouse no movemento galeguista, da man de Castelao, e participou como orador na [[II Asemblea Nacionalista]] ([[1919]]) de Santiago de Compostela. [[Ramón Piñeiro]] conta que Castelao tivo que organizar un mitin público no que participaran estudantes da Universidade, para o que escolleu a Paz-Andrade. A consideración que lle tiña Castelao pode reflectirse no alcume de ''o Mozo'' co que se refería a el nos faladoiros do Café Moderno (en Pontevedra), que mudou co paso do tempo a ''o Berbiquí'', pola súa teimosía, e a ''o Inmortal'', tras sobrevivir á guerra de África e aos atentados de Vigo<ref>[http://www.lavozdegalicia.es/vigo/2008/11/26/0003_7344672.htm ''Bombas con olor a peixe''], artigo en ''[[La Voz de Galicia]]'' {{es}}.</ref> e de Verín.<ref>[[Xosé Filgueira Valverde]]: "Valentín Paz Andrade na cultura galega", en ''Homenaje a Valentín Paz Andrade''.</ref>
 
Durante esa época tamén crea e preside o primeiro grupo galeguista estudantil en Santiago, o Grupo Galeguista Galego de Estudiantes. Anos despois presidiría en Vigo o [[Grupo Autonomista Galego|Grupo Autonomista Gallego]] (1930) e militaría no [[Partido Galeguista (histórico)|Partido Galeguista]], participando activamente na súa fundación en decembro de 1931.
Liña 196:
 
No centro do [[escudo de España]] que preside a fachada do [[Palacio de Comunicacións de Madrid]], o arquitecto [[Antonio Palacios]] fixo esculpir o [[escudo de Galicia]], co seu cáliz e as sete cruces. Segundo conta Alfonso Paz-Andrade, fillo de Valentín Paz Andrade, foi este quen suxeriu ao [[arquitecto]] incluír ese detalle nunha visita que lle fixo no seu taller:
{{cita centrada|''Meu pai acostumaba ir a Madrid por traballo e, nunha desas viaxes, decidiu ir visitar o seu amigo. Palacios estaba preparando sobre unha mesa e a tamaño natural o bosquexo do escudo de España para Correos e o meu pai díxolle "plántalle aí o de Galicia".'' <ref>"[http://www.elpais.com/articulo/Galicia/escudo/Galicia/intruso/elpepuespgal/20100611elpgal_18/Tes O escudo de Galicia é un intruso]", artigo en ''[[El País]]''.</ref>}}
 
== Galería de imaxes ==