Estuario: Diferenzas entre revisións

Contido eliminado Contido engadido
m Arranxos varios
Sen resumo de edición
Liña 1:
{{en uso}}
[[Ficheiro:Rio_de_la_Plata_BA_2.JPG|miniatura|dereita|300px|ExemploEsteiro dedo Estuario[[río (da Prata]], [[Arxentina]] fotografado pola [[NASA)]].]]
 
Os '''estuarios''' ou '''esteiros''' son [[accidente xeográfico|rexións]] de [[costa]] entrantes, polo xeral longas e estreitas mais sempre cunha saída aberta ao [[mar]], que decorren por unha [[chaira]] [[río|fluvial]] ou entran na [[terra]] ata o máximo do nivel da [[marea]] na boca dun río. Son zonas de transición de augas [[río|fluviais]], [[auga doce|doces]], de un ou máis [[río]]s e as augas [[océano|mariñas]], e [[auga salgada|salgadas]].<ref name="hugget_2011">{{Cita libro| publisher = Taylor & Francis| isbn = 978-0-203-86008-3| last = Huggett| first = Richard| title = Fundamentals of Geomorphology| date = 2011-03-15}}</ref><ref name="schubel_1982">{{Cita libro| publisher = Springer US| isbn = 978-0-87933-213-6| páxinas = 397–398| apelidos = Schubel| nome = J. R.| título = Beaches and Coastal Geology| capítulo = Estuarine coasts | serie = Encyclopedia of Earth Science| accessdate = 30/12/2017| data = 1982| chapterurl = http://link.springer.com/referenceworkentry/10.1007/0-387-30843-1_174}}</ref><ref name="james_1967">{{cita libro | apelidos = Pritchard | nome = D. W. | ano = 1967 | capítulo = What is an estuary: physical viewpoint | páxinas = 3–5 |editor-first= G. H. |editor-last=Lauf |título = Estuaries |serie =A.A.A.S. Publ. |volume = 83 |lugar = Washington, DC }}</ref>
Un '''estuario''' ou '''esteiro''' é un [[accidente xeográfico]] consistente nun corpo de auga formado na parte final dun [[río]] (ou na confluencia de varios ríos), e que se encontra en contacto directo co [[mar]], posuíndo unha salinidade máis baixa que a auga do mar. Un estuario sofre o vaivén das [[marea]]s.
 
Neles dominan tanto os procesos mariños, como as [[marea]]s ou as [[onda]]s que lles traen augas salobres do océano, e as descargas de auga doce e sedimentación dos ríos. As entradas tanto do mar como das augas fluviais son unha fonte de entrada de [[nutriente]]s ao [[ecosistema]] que fan que sexan dos [[hábitat]]s do planeta máis [[produción primaria|produtivos]].<ref name="mcLusky_2004">{{cita libro | nome1 = McLusky | apelidos1 =D. S. | apelidos2 = Elliott | nome2= M. | ano = 2004 | título = The Estuarine Ecosystem: Ecology, Threats and Management | lugar = New York | editores = Oxford University Press |isbn=0-19-852508-7}}</ref>
Desde un punto de vista da [[ecoloxía]] e da [[oceanografía]], un estuario é unha rexión semipechada do [[océano]] influenciada polas descargas de auga doce dun ou de máis ríos, así como polas partículas en suspensión (lama, silt etcétera) que esta arrastra. Por este aspecto, o da cantidade de [[nutriente]]s que as augas de terra transportan, un estuario é xeralmente unha rexión con elevada [[produtividade biolóxica]]. Con todo, debido a ser unha rexión semipechada, sofre especialmente os efectos da [[contaminación]] e corre o risco de se transformar nun [[deserto]] biolóxico.
 
Os estuarios formáronse en zonas de [[erosión]] fluvial ou [[glaciar|glacial]] que se viron anegadas por augas no período de subida do nivel do mar do [[Holoceno]], hai entre 10.000–12.000 anos. Nos primeiros estados da súa evolución os estuarios teñen unha forma determinada pola topografía costeira.<ref name="wolanski_2007">{{cita libro | apelidos = Wolanski | nome = E. | ano = 2007 | título = Estuarine Ecohydrology | lugar = Amsterdam | editores = Elsevier |isbn = 978-0-444-53066-0}}</ref><ref name="schubel_1982" /> Despois progresan a estados onde a erosión e a deposición de sedimentos se contrarrestran.<ref name="skilbeck_2017">{{Cita libro| publisher = Springer, Dordrecht| isbn = 978-94-024-0988-8| páxinas = 45–74| apelidos1 = Skilbeck| nome1 = C. Gregory| apelidos2 = Heap| nome2 = Andrew D.| apelidos3 = Woodroffe| nome3 = Colin D.| título = Applications of Paleoenvironmental Techniques in Estuarine Studies | capítulo = Geology and Sedimentary History of Modern Estuaries | serie = Developments in Paleoenvironmental Research| dataacceso = 31712/2017 | data = 2017| chapterurl = https://link.springer.com/chapter/10.1007/978-94-024-0990-1_3}}</ref>
== Similitude con outros accidentes xeográficos ==
 
Moitas veces úsase a palabra estuario en contraposición ao [[Delta fluvial|delta]]: aínda sendo ambos os dous [[foz (accidente xeográfico)|foces]] (desembocaduras), no caso do delta o río desemboca no mar a través de varios [[canal|canais]] ou brazos, e formando [[insua]]s entre brazos.
Os estuarios clasifícanse polo xeral segundo a súa [[xeomorfoloxía]] e polos patróns de circulación das augas. Algún autores só usan estuario para referirse a [[val]]es somerxidos, mais algunhas outras definicións danlle o nome de esteiro incluso a formacións como as [[baía]]s, as [[doca]]s, os [[fiorde]]s e as [[ría]]s; aínda que nalgunhas desas augas só hai auga salgadas e non hai unha mestura coa auga doce. Así, as [[ría]]s son esteiros formados por vales somerxidos, dun perfil transversal en forma de "V", mais nos que domina por completo unha circulación de auga salgada, agás nas súas zonas interiores de esteiro.<ref name="skilbeck_2017" /><ref name="prego_2003">{{Cita publicación periódica| doi = 10.1016/S0025-3227(03)00048-3| issn = 0025-3227| volume = 196| issue = 3–4| páxinas = 171–175| apelidos1 = Evans| nome1 = Graham| apelidos2 = Prego| nome2 = Ricardo| título = Rias, estuaries and incised valleys: is a ria an estuary?| journal = Marine Geology | dataacceso = 31/12/2017 | data = 15/05/2003 | url = http://www.sciencedirect.com/science/article/pii/S0025322703000483}}</ref>
 
Os bancos dos esteiros son das áreas máis poboadas do planeta. A presión antrópica supuxo a degradación do 60% dos [[hábitat]]s do [[costa|litoral]] dos esteiros.<ref name="noaa_estuary">{{Cita web| título = Estuaries: Human Disturbances to Estuaries | editores = NOAA | url = https://oceanservice.noaa.gov/education/kits/estuaries/estuaries09_humandisturb.html}}</ref> A degradación dos hábitats provén de factores como a traída de solo erosionado por [[deforestación]], a chegada de sedimento grazas a eliminación da flora, a [[agricultura]] intensiva, a [[sobrepesca]], a drenaxe de augas e ao recheo das zonas húmidas, aos procesos de [[eutrofización]] por un exceso de aporte de nutrientes que chegan cos desperdicios e o lixo de animais domésticos, a polución de ata mesmo metais pesados ou a contaminación por uso de produtos sanitarios para augas de espazos recreativos, entre outros.<ref name="wolanski_2007" />
 
==Definición==
[[Ficheiro:Mouths of amazon geocover 1990.png|miniatura|Estuario do [[río Amazonas]].]]
[[Ficheiro:New York STS058-081-038.jpg|miniatura|Xeografía da baía de [[Estado de Nova York|Nova York]], [[Nova Jersey]].]]
[[Ficheiro:Exe estuary from balloon.jpg|miniatura|dereita|Esteiro do [[río Exe]], [[Somerset]].]]
[[Ficheiro:Estuary-mouth.jpg|miniatura|dereita|Boca dun estuario.]]
[[Ficheiro:Estuary mouth.jpg|miniatura|dereita|Boca do esteiro que se atopa en [[Darwin, Australia|Darwin]], [[Territorio do Norte]], [[Australia]].]]
[[Ficheiro:Thekkumbhagam Estuary, Paravur.jpg|dereita|miniatura|A boca dun esteiro ateigado de xente, no río de Paravur en [[Kerala, India]].]]
 
O termo "estuario" deriva do termo [[latín]]o ''aestuarium'', que se refire a unha entrada da marea na terra. A súa vez este termo deriva de ''aestus'' que significa mares. Houbo múltiples definicións de estuario na historia da xeoloxía.
 
[[Charles Lyell|Lyell]] en [[1830]] definiunos como «''entradas na terra nos que chegan tanto os ríos como as mareas do mar''». En [[1952]] Pritchard definiunos como «''unha masa de auga medio pechada que ten unha conexión co mar aberto e que contén unha masa de auga definida''»". En [[1967]] engadiulle a esa descrición que «''a auga mariña dilúese dun xeito medible coa auga que provén da drenaxe da auga doce da terra''».<ref name="james_1967" /> Porén esa definición exclúe a múltiples formacións de masas de auga na costa, como as ''[[lagoa|lagoas costeiras]]'' e outras masas de augas salobres. Outra definición defíneos como «''unha masa de auga medio cerrada que está conectada co mar ata onde chega a marea ou o límite de intrusión da auga salgada e que recibe un aporte de auga doce; mais no que o aporte de auga doce non é esporádico, no que a barreira de conexión co mar pode estar pechada estacionalmente e nos que a marea pode ter pouco impacto.''».<ref name="wolanski_2007" /> Esta definición, que non é consensuada,<ref name="prego_2003" /> engade así aos [[fiorde]]s, as lagoas costeiras, as bocas dos [[río]]s, [[ría]]s, ou esteiros que son só unha canle pouco profunda e sobre dun [[delta]] ou [[marisma]].
 
Una das definicións máis amplas é que os esteiros son [[ecosistema]]s que teñen unha conexión co mar aberto, e que por esa entrante pasa a auga salgada traída polas mareas. A auga do mar que entra no estuario dilúese coa auga doce que provén dos ríos e outras fontes de auga doce. O patrón de dilución da auga cambia segundo o tipo de estuarios e depende do volume de auga fresca, o ritmo das mareas e a extensión da evaporación da auga no estuario.<ref name="mcLusky_2004"/>
 
==Clasificación segundo a xeomorfoloxía==
Os estuarios están baixo a influencia de múltiples factores como a rexión onde se atopan ou as condición físicas ou químicas que predominan nelas. Unha clasificación común, con todo, é a baseada na orixe e nos perfís xeolóxicos de cada un dos estuarios. Así, distínguense formacións como chairas costeiras, deltas, rías ou fiordes.<ref name="noaa_est04">{{cita web|url = https://oceanservice.noaa.gov/education/tutorial_estuaries/est04_geology.html | título = Estuaries Classifying Estuaries - By Geology | editores = National Oceanographic and Atmospheric administration - NOAA}}</ref>
 
===Vales fluviais anegados e rías===
{{Artigo principal|Ría}}
Algúns estuarios formáronse en [[chaira]]s [[costa|costeira]]s cando o nivel da auga subiu e anegou os [[río|vales fluviais]]. Eses esteiros conservan unha forma similar ao val do río que ocupou a auga: son alongados, teñen a súa maior profundidade na boca do esteiro e seguen unha topografía similar a un val fluvial. Este tipo de esteiros son os máis comúns nos climas temperás. A profundidade das súas aguas poden chegar como moito aos 30 metros. Algúns exemplos son o esteiro Severn en [[Inglaterra]] e o Ems Dollar da fronteira [[Alemaña|xermano]]-[[Holanda|holandesa]].<ref>{{cite journal |last=Kunneke |first=J. T. |first2=T. F. |last2=Palik |year=1984 |url=http://www.nwrc.usgs.gov/wdb/pub/others/85_15.pdf |title=Tampa Bay environmental atlas |journal=U.S. Fish Wildl. Serv. Biol. Rep. |volume=85 |issue=15 |pages=3 |accessdate=January 12, 2010 }}</ref>
 
As '''[[ría]]s''' son igualmente esteiros que se formaron polo afundimento parcial dun val costeiro de río.<ref name="goudie_2004">{{Cita libro|autores = Goudie A.S. et al. | ano = 2004 | título = Encyclopedia Of Geomorphology | isbn = 0415863007}}</ref> Porén, as rías teñen unha hidrodinámica mariña e polo xeral só no seu interior predomina o fluxo de augas fluviais e a auga e salobre. Un destes casos sería a [[ría da Coruña|ría do Burgo]]: un esteiro interior longo, que discorre entre [[Cambre]] e [[Culleredo]], e unha ampla boca de ría aberta exterior, entre [[a Coruña]] e [[Oleiros]]. Mais, non necesariamente todas as ría teñen un río principal, cun caudal importante, na súa cabeira; como é o caso da [[ría de Vigo]]. As rías diferéncianse dos [[fiorde]] porque o val que as formou non tivo unha orixe [[Era glacial|glacial]].
 
===Con lagoa ou con barreira-lagoa===
Os esteiros con barreira-lagoa formáronse en lugares onde a deposición de sedimento acadou un nivel similar ao do aumento do nivel do mar. Estes esteiros están case pechados na súa boca por unha formación de area en liña coa costa, unha ''barreira'', ou por unha illa de area. A auga do mar entra só por uns pequenos entrantes. O interior destes esteiros son de pouca profundidade.
 
Estes estuarios de barra son habituais en zonas do litoral onde a costa é de pouca pendente e en lugares límites continentais estables a nivel tectónicos ou en costas mariñas illadas. Son comúns nos trópicos e subtrópicos.
 
A súa formación puido darse por varias causas:
* por acumulación de area ao longo dun litoral de costa, e en paralelo a este, onde a acción das ondas externas o favorece.
* polo traslado do material depositado polos ríos grazas á acción das ondas, á corrente mariña, á acción do vento na area de praia ou ao lavado de area acumulada en dunas.
* por anegado de plataforma de area media das praias (antes formadas por erosión dos sedimentos de chairas costeiras hai 5 mil anos) por elevación do nivel de auga do mar, e que provocou rotura de liñas de praia e a formación de lagoas interiores pouco fondas.
* por alongamento de [[cordóns litorais]], que van medrando ao longo da costa grazas á acumulación de material erosionado por correntes paralelas á costa.
 
As praias barreira fórmanse en augas pouco profundas, e que polo xeral están en liña coa costa, e dan lugar á estuarios estreitos e alongados. A profundidade media da auga é polo xeral de menos de 5 metros, e poucas veces é maior de dez metros. Estas praias son abundantes na costa atlántica de América do Norte e do Golfo de México, xa que alí hai unha deposición de sedimentos en costa activa e porque os rangos das mareas son menores dos 4 metros.
 
===Tipo fiorde===
Os [[fiorde]]s formáronse cando os glaciares do plistoceno erosionaron profundas e anchas zonas dos vales fluviais, e consecuentemente, deron lugar a seccións perpendiculares á direccións dos ríos en forma de "U". Na boca dos fiordes hai polo xeral rochas, barras e [[sill]]s de depósitos glaciais, e que por efecto da circulación estuárica víronse modificadas.
 
Os estuarios do tipo dos fiordes fórmanse e vales amplamente erosionados por glaciares. Estes estuarios de forman de U teñen polo xeral abas cunha forte pendente, bases rochosas e sills por debaixo da auga que se formaron grazas ao movemento dos glaciares. O estuario é máis profundo canto máis na súa boca, onde xa as [[morena]]s ou as barras de rochas forman sills que limitan o fluxo de auga. Na cabeceira dos estuarios a profundidade pode superar os 300 metros. O ratio de ancho sobre da profundidade soe ser pequeno. Nos estuarios con sills pouco profundas, as oscilacións de marea só afectan á auga ata o fondo da sill: as augas de maior profundidade case non teñen unha circulación activa. Nos casos nos que as sills son de maior fondura a circulación de auga está menos limitada e hai un suave pero constante intercambio de auga entre o esteiro e o océano.
 
Os esteiros do tipo fiorde atópanse na costa pacífica de [[América do Norte]], no leste de [[Canadá]], en [[Islandia]], [[Nova Celandia]] e [[Noruega]].
 
===De orixe tectónico===
Algúns estuarios formáronse polo [[subsidencia|afundimento]] ou rotura con respecto dunha plataforma oceánica e que estivo ligada a [[falla]]s, [[volcán]]s ou [[desprendementos de terra]]. As inundacións por subida do nivel eustático do mar que se produciu na época do Holoceno contribuíu á formacións destes estuarios. Só hai unha ducia de casos de estuarios deste tipo. Un caso e o da baía de San Francisco xa que se formou polo desprazamento da placas tectónicas arredor da [[falla de Santo André]] e tivo inundacións das augas costeiras dos ríos de [[río de Sacramento|Sacramento]] e [[río de San Xoaquín|San Xoaquín]].
 
== Importancia dos estuarios ==
Os estuarios son [[Hábitat (ecoloxía)|hábitats]] vitais para centos de especies mariñas. Foron cualificados algunha vez como "garderías do mar" pois o [[Medio ambiente|contorno]] protexido e a abundancia de nutrientes prové un lugar ideal para a reprodución de [[peixe]]s e [[molusco]]s. Moitos das especies de peixe importantes comercialmente pasan unha parte do seu ciclo de vida nos estuarios.{{cómpre referencia}}
 
Tamén moitas especies de [[paxaro]]s dependen dos estuarios como áreas para se alimentar e aniñar. As [[aves]] migratorias usan os estuarios como paradas de descanso antes de continuar a viaxe. Moitos [[mamíferos mariños]] tamén o usan como lugares de nutrición e cría. Todo isto está relacionado co feito de que un estuario san produce de 4 a 10 veces tanta [[materia orgánica]] como outra área mariña da mesma extensión.{{cómpre referencia}}
Os estuarios son importantes para a saúde dos [[océano]]s, en canto que filtran os [[sedimento]]s e contaminantes da auga antes de que desemboque no océano. O exceso de nutrientes elimínase nas marismas salgadas contiguas, resultando en augas máis limpas para a xente e os [[Ser vivo|organismos]] mariños.{{cómpre referencia}}
 
==Notas==
{{Listaref|30em}}
==Véxase tamén==
===Outros artigos===
* [[EsteiroRía]]
* [[Fiorde]]
 
===Bibliografía===
* Pritchard, D. W. (1967) "What is an Estuary: Physical Viewpoint". p.&nbsp;3–5 en: G. H. Lauf (ed.) ''Estuaries'', A.A.A.S. Publ. No. 83, Washington, D.C.
* M. Tomczak, "[http://www.es.flinders.edu.au/~mattom/IntroOc/notes/lecture12.html Oceanography Notes Ch. 12: Estuaries]".
 
Liña 25 ⟶ 77:
 
[[Categoría:Xeografía]]
[[Categoría:Xeoloxía]]