Serie 599 de Renfe: Diferenzas entre revisións

Contido eliminado Contido engadido
WiKorunna (conversa | contribucións)
WiKorunna (conversa | contribucións)
mSen resumo de edición
Liña 1:
A '''Serie 599 de Renfe''' ou '''TDMD''' (''Tren [[Diesel|Diésel]] de Media Distancia'') é unha familia de [[Automotor|automotores]] rexionais [[Motor diésel|diésel]] dedicados a cubrir liñas de [[Media distancia Renfe|Media Distancia]] de [[Renfe Operadora]].
 
Foron fabricados pola empresa española CAF.<ref>{{Cita web|url=http://www.enpuntorenfe.es/portada.htm|apelidos=Nacho Guisasola|editorial=[[Renfe Operadora]]|título=La media distancia se transforma}}</ref> Acadan unha velocidade de 160 [[Quilómetro por hora|km/h]]<ref name=":0" />.
 
== Historia ==
Liña 25:
A distribución interior dun tren é a adaptada para servizos rexionais. Existe unha única clase, con asentos tapizados, reclinábeis e non orientábeis. Cada asento dispón de bandexa, alcándara e unha toma de corrente estándar. A distribución de asentos é de corredor central, con riolas de 2+2 asentos orientados cada metade nun sentido. Algunhas riolas dispoñen de asentos enfrontados, entre os cales existe unha mesa, mentres que outras comparten orientación coas contiguas.
 
Cada coche dispón dun servizo e maleteiro. No coche intermedio atópase a zona dedicada a persoas de mobilidade reducida, que dispón dun baño adaptado a persoas que viaxan en cadeira de rodas e de máquina de autovenda de bebidas e aperitivos. Tamén existe unha zona para [[Bicicleta|bicicletas]] que dispón de 3 prazas.<ref name=":0" />
 
A diferenza de series anteriores de CAF, as portas de acceso ao tren son dunha única folla con xunta inchábel para soportar cruces con trens de alta velocidade, tendo un paso libre de 1.2 [[Metro|metros]] para permitir o acceso fácil de calquera persoa con equipaxe. Só existe unha porta por lado por coche, preto da metade, dividindo cada coche en dúas salas para viaxeiros. O paso entre coche e coche, con portas automatizadas, é sinxelo.