Serie 599 de Renfe: Diferenzas entre revisións

Contido eliminado Contido engadido
WiKorunna (conversa | contribucións)
Ligazóns internas e corrección de erros
WiKorunna (conversa | contribucións)
Incluída referencia
Liña 14:
=== Composición ===
[[Ficheiro:Renfe_S599_Atarfe-Santa_Fe_03.jpg|miniatura|Porta intermedia característica adaptada a persoas de mobilidade reducida.]]
Cada tren está composto de tres coches, dous extremos motores moi semellantes entre si e un remolque intermedio. Cada extremo dispón de dous motores, un en cada bogie, que accionan o eixo interior. Os catro motores dedicados á tracción son diésel-hidráulicos, do modelo ''MAN D2876 LUE 623'', cunha potencia nominal de 382 [[Watt|kW]], o que supón un total de 1528 kW<ref>{{Cita web|url=http://www.renfe.com/viajeros/nuestros_trenes/md_599.html|páxina-web=www.renfe.com|título=Nuestros Trenes|data-acceso=2017-12-30|lingua=es-ES}}</ref>. O peso aproximado do tren rolda as 160 [[Tonelada|toneladas]], o que significa que a potencia dispoñíbel por tonelada é de 9,5 kW por tonelada, moi superior á doutros trens rexionais.
 
O aspecto do remolque intermedio destaca debido a que é un dos primeiros trens adaptados ás novas normativas de accesibilidade, polo que dispón dunha zona de nivel baixo a que poden acceder as persoas de mobilidade reducida sen necesidade de axuda externa. Por mor desta disposición, os dous grupos motor-alternador que producen a enerxía auxiliar atópanse instalados no teito deste coche. A potencia de xeración destes grupos está entre os 180–190 kW. En servizo normal funciona un único xerador, manténdose o xemelgo en reserva.
Liña 39:
En cada extremo o tren dispón de enganches [[Scharfenberg]] estándar que lle permiten conectarse con outras unidades. Non é posíbel axustarse con unidades das series anteriores 598 e 594, xa que nesas series a altura do axuste non é a estándar en [[Renfe Operadora|Renfe]].
 
==ReferenciasNotas ==
{{listaref}}