Serie 599 de Renfe: Diferenzas entre revisións

Contido eliminado Contido engadido
WiKorunna (conversa | contribucións)
Creada como tradución da páxina "Serie 599 de Renfe"
 
WiKorunna (conversa | contribucións)
Ligazóns internas e corrección de erros
Liña 1:
A '''Serie 599 de Renfe''' ou '''TDMD''' (''Tren [[Diesel|Diésel]] de Media Distancia'') é unha familia de [[Automotor|automotores]] rexionais [[Motor diésel|diésel]] dedicados a cubrir liñas de [[Media distancia Renfe|Media Distancia]] de [[Renfe Operadora]].
 
Foron fabricados pola empresa española CAF.<ref>{{Cita web|url=http://www.enpuntorenfe.es/portada.htm|apelidos=Nacho Guisasola|editorial=[[Renfe Operadora]]|título=La media distancia se transforma}}</ref> Acadan unha velocidade de 160 [[Quilómetro por hora|km/h]].
 
== Historia ==
No ano [[2005]] [[Renfe Operadora]] iniciou o proceso de adquisión dunha nova serie de automotores diésel destinados a substituír aos da serie 592, 593 e 596. A compra realizouse mediante concurso, no que se recibiron varias ofertas. En [[xullo]] do [[2006]] Renfe adxudicou a CAF a construción da serie de 50 novos automotores. O contrato de compra asinouse en [[setembro]] do mesmo ano. O seu importe pola serie completa foi de 264.1 millóns de [[Euro|euros]], o que supuxo, un custo de 5.36 millóns de [[Euro|euros]] por unidade construída e de 28.670 [[Euro|euros]] por praza.
 
A nova serie recibiu a numeración oficial de serie 599. En orixe as caracteristas requiridas eran moi semellantes ás da última serie que Renfe adquirira a CAF, a [[serie 598]]. CAF non presentou para a serie unha nova versión da anterior, senón que fixo do 599 un proxecto completo. Pouco despois da adquisición da serie adquiriuse unha segunda similarsemellante á 599, a 449, composta de automotores eléctricos.
 
A primeira unidade finalizouse en [[outubro]] de [[2008]], e a serie entrou por primeira vez en servizo comercial no [[verán]] de [[2009]] na liña [[Salamanca]]-[[Madrid]]. Posteriormente o seu uso foise estendendo a numerosas liñas de [[Media distancia Renfe|Media Distancia]].
 
== Características ==
Liña 14:
=== Composición ===
[[Ficheiro:Renfe_S599_Atarfe-Santa_Fe_03.jpg|miniatura|Porta intermedia característica adaptada a persoas de mobilidade reducida.]]
Cada tren está composto de tres coches, dous extremos motores moi semellantes entre si e un remolque intermedio. Cada extremo dispón de dous motores, un en cada bogie, que accionan o eixo interior. Os catro motores dedicados á tracción son diésel-hidráulicos, do modelo ''MAN D2876 LUE 623'', cunha potencia nominal de 382 [[Watt|kW]], o que supón un total de 1528 kW. O peso aproximado do tren rolda as 160 [[Tonelada|toneladas]], o que significa que a potencia dispoñíbel por tonelada é de 9,5 kW por tonelada, moi superior á doutros trens rexionais.
 
O aspecto do remolque intermedio destaca debido a que é un dos primeiros trens adaptados ás novas normativas de accesibilidade, polo que dispón dunha zona de nivel baixo a que poden acceder as persoas de mobilidade reducida sen necesidade de axuda externa. Por mor desta disposición, os dous grupos motor-alternador que producen a enerxía auxiliar atópanse instalados no teito deste coche. A potencia de xeración destes grupos está entre os 180–190 kW. En servizo normal funciona un único xerador, manténdose o xemelgo en reserva.
 
O 599 inicialmente fabricouse para circular por [[Largo ibérico|largo ibérico.]] Porén, está previsto que poida nun futuro circular por vías de [[largo internacional]], polo que dispón dos espazos e ocos necesarios tanto no interior da caixa como baixo ela para incorporar os bogies necesarios. Esta necesidade de espazo impide dotar á serie 599 de prestacións das que dispoñen outros trens de CAF, como o sistema de cambio de largo [[BRAVA]] ou o de basculación [[SIBI]].
 
Esta preparación fai que todos os elementos estruturais do tren estean pensados para soportar a circulación e o cruzamento con trens de [[Alta Velocidade Española|alta velocidade]]. Así por exemplo, o cristal frontal debe superar unha proba de lanzamento dun proxectil a unha velocidade que supera os 350 km/h.
 
=== Distribución ===
A distribución interior dun tren é a adaptada para servizos rexionais. Existe unha única clase, con asentos tapizados, reclinábeis e non orientábeis. Cada asento dispón de bandexa, alcándara e unha toma de corrente estándar. A distribución de asentos é de corredor central, con riolas de 2+2 asentos orientados cada metade nun sentido. Algunhas riolas dispoñen de asentos enfrontados, entre os cales existe unha mesa, mentres que outras comparten orientación coas contiguas.
 
Cada coche dispón dun servizo e maleteiro. No coche intermedio atópase a zona dedicada a persoas de mobilidade reducida, que dispón dun baño adaptado a persoas que viaxan en cadeira de rodas e de máquina de autovenda de bebidas e aperitivos. Tamén existe unha zona para [[Bicicleta|bicicletas]] que dispón de 3 prazas.
 
A diferenza de series anteriores de CAF, as portas de acceso ao tren son dunha única folla con xunta inchábel para soportar cruces con trens de alta velocidade, tendo un paso libre de 1.2 [[Metro|metros]] para permitir o acceso fácil de calquera persoa con equipaxe. Só existe unha porta por lado por coche, preto da metade, dividindo cada coche en dúas salas para viaxeiros. O paso entre coche e coche, con portas automatizadas, é sinxelo.
 
As pantallas interiores amosan o destino, as próximas paradas e a velocidade á que se circula. Teñen a capacidade de mostrar campañas promocionais da compañía ferroviaria. As exteriores amosan o destino e o número de coche, e en caso de circular varias unidades axustadas, teñen a capacidade de mostrar números de coche distintos para cada unidade.
Liña 33:
=== Sistemas ===
[[Ficheiro:Línea_Granada-Depósito.jpg|miniatura|Unidade co enganche Scharfenberg descuberto e os retrovisores despregados.]]
O control do tren realízase por unha rede [[TCN]] controlada polo sistema ''Cosmos'' de CAF. Isto fai que todo os circuítos e conexións entre equipos sexan distintos aos da serie 598, permitíndose que se implementen algunhas funcións que até agora non se realizaron en ningún tren diésel de Renfe, como son a desaparición no regulador dos clásicos puntos de freo e de tracción.
 
Outra novidade que presenta o tren é que leva instalado un sistema de protección anti-incendios bastante completo. Non só dispón de sistemas de detección nos motores e no interior da caixa, senón que dispón de extintores que actúan automaticamente ou poden ser accionados polo maquinista para apagar calquera incendio que se produza nos motores.
 
En cada extremo o tren dispón de enganches [[Scharfenberg]] estándar que lle permiten conectarse con outras unidades. Non é posibleposíbel axustarse con unidades das series anteriores 598 e 594, xa que nesas series a altura do axuste non é a estándar en [[Renfe Operadora|Renfe]].
 
== ServizosReferencias ==
Este tren realiza servizos denominados [[Media distancia Renfe|MD]], así como algúns servizos [[Intercity, Renfe|Intercity]].
 
A finais de 2015 empezarán a realizar servizos de proximidade por Alacante en substitución dos 592. Iso si, con vinilos de proximidade.
 
== Véxase tamén ==
* [[Media distancia Renfe|MD]]: Servizo realizado con este tipo de tren
* [[Intercity, Renfe|Intercity]]: Algúns servizos préstanse con estas unidades.
* Proximidades: A finais de 2015 en Alacante
 
== Referencias ==
{{listaref}}
 
== Enlaces externos ==