Imperio Español: Diferenzas entre revisións

Contido eliminado Contido engadido
corrixo lig int
m →‎De San Quintín a Lepanto (1556–1571): Florida, Estados Unidos de América e arranxiños
Liña 217:
O emperador Carlos repartiu as súas posesións entre o seu único fillo lexítimo, [[Filipe II de España|Filipe]], e o seu irmán [[Fernando I de Habsburgo|Fernando]] (ao que deixou o [[Habsburgo|Imperio dos Habsburgo]]). Para Filipe II, Castela foi a base do seu imperio, pero a poboación de Castela nunca foi o suficientemente grande para proporcionar os soldados necesarios para soster o Imperio. Tras o matrimonio do rei con [[María I de Inglaterra|María Tudor]], Inglaterra e España foron aliados.
 
España non conseguiu ter paz ao chegar ao trono o agresivo [[Henrique II de Francia]] en [[1547]], que inmediatamente renovou os conflitos con España. Filipe II proseguiu a guerra contra Francia, esmagando ao exército francés na [[Batalla de San Quintín]], en [[Picardía]], o [[10 de agosto]] de [[1557]] e derrotando a Henrique de novo na [[Batallabatalla de Gravelinas]] o [[13 de xullo]] de [[1558]]. A [[Paz de Cateau-Cambrésis]], asinada o [[2 de abril]] de [[1559]], recoñeceu definitivamente as reclamacións españolas en Italia. Nas celebracións que seguiron ao Tratado, Henrique II morreu por mor dunha ferida producida por un anaco de madeira dunha lanza. Francia foi golpeada durante os seguintes anos por unha [[Guerras de relixión de Francia|guerra civil]] que profundou nas diferenzas entre católicos e protestantes dando a España ocasión de intervir en favor dos católicos e que lle impediu competir con España e a Casa de Habsburgo nos xogos de poder europeos. Liberados da oposición francesa, España viu o apoxeo do seu poder e da súa extensión territorial no período entre [[1559]] e [[1643]].
 
A bancarrota de [[1557]] supuxo a inauguración do consorcio dos bancos xenoveses, o que levou ao caos aos banqueiros alemáns e acabou coa preponderancia dos [[Fugger|Fúcares]] como financeiros do Estado español. Os banqueiros xenoveses forneceron aos Habsburgo crédito fluído e ingresos regulares.
 
Mentres tanto a expansión ultramarina continuaba: [[Florida, Estados Unidos de América|Florida]] foi colonizada en [[1565]] por [[Pedro Menéndez de Avilés]] ao fundar [[San Agustín, (Estados Unidos)Florida|San Agustín]], e ao derrotar rapidamente un intento ilegal do capitán francés [[Jean Ribault]] e 150 homes de establecer un posto de aprovisionamento no territorio español. San Agustín converteuse rapidamente nunha base estratéxica de defensa para os barcos españois cheos de ouro e prata que regresaban desde os dominios das Indias.
 
En Asia, o [[27 de abril]] de [[1565]], estableceuse o primeiro asentamento en Filipinas por parte de [[Miguel López de Legazpi]] e púxose en marcha a ruta dos [[Galeón de Manila|Galeónsgaleóns de Manila]] (''Nave da China''). [[Manila]] fundouse en [[1572]].
 
Despois do triunfo de España sobre Francia e o comezo das guerras de relixión francesas, a ambición de Filipe II aumentou. No Mediterráneo o [[Imperio Otomán]] puxera en dúbida a hexemonía española, perdéndose [[Trípoli, Libia|Trípoli]] ([[1531]]) e [[Bugía]] ([[1554]]) mentres a piratería [[berberisco|berberisca]] e otomá recrudecíase. En [[1565]], con todo, o auxilio español aos asediados [[Orde de Malta|cabaleiros de San Juan]] salvou [[Malta]], inflixindo unha severa derrota aos turcos.