Joachim Murat: Diferenzas entre revisións

Contido eliminado Contido engadido
m Arranxos varios, replaced: {{listaref|2}} → {{Listaref|30em}}
Liña 81:
 
== Abdicación e morte ==
Murat foxe a Nápoles, pero inmediatamente abdica e consegue escapar a Francia xunto a súa esposa. Solicita unha audiencia especial e é recibido por Napoleón nas [[Palacio de las Tullerías|Tullerías]]. Arrepentido, pide perdón ao emperador e solicita o seu vello posto á fronte da [[cabalaría]]. Porén, un canso e amolado Napoleón repróchalle as súas traizóns e o seu absurdo ataque aos austríacos, que lle privara dun aliado no sur. Enfurecido ao ver que Napoleón no accede aos seus rogos, toma unaunha postura máis orgullosa e advirte: "Sire, non pode permitirse o luxo de despedirme. Necesítame". Este comentario irrita sobremaneira a Napoleón, que dá por finalizada a entrevista e borra o nome de Murat da lista de mariscais, aínda que lle garantiza o respecto aos seus bens e a súa vida como consideración cara á súa irmá e aos seus sobriños. Xamais volverían a verse.
 
Despois da [[batalla de Waterloo]] e a ulterior caída de Napoleón, Murat e Carolina entenden que non cabe xa esperar clemencia por parte de [[Luís XVIII de Francia|Luís XVIII]] ou dos austríacos. Murat foxe a [[Córsega]], desde onde intenta organizar a reconquista de Nápoles cun plan que imitaba ao que utilizara Napoleón tras a súa fuga de Elba. Desembarcou en [[Calabria]] acompañado por trinta fieis, pero a poboación non só non o recibiu como un liberador, senón que non fixo nada para evitar o seu posterior arresto. Foi encerrado no castelo de Pizzo, onde un [[consello de guerra]] sumario xulgouno, condenándoo a morte e executándoo nunha das salas da fortaleza, concedéndolle como única graza escribir á súa esposa.