Vilariño Frío, Montederramo: Diferenzas entre revisións

Contido eliminado Contido engadido
Sen resumo de edición
Sen resumo de edición
Liña 10:
Aínda que historicamente situouse por Vilariño Frío o paso da '''Vía Nova''' do itinerario de Antonino, ou ''Vía romana XVIII'', que unía Braga con Astorga, os últimos estudos feitos por S. Alvarado, J. C. Ribas e Tomas Vega (véxase: “''La Vía Romana XVIII (Vía Nova). Revisión de su trazado y mensuración. II: de los Limici a los Cigurri''”. Boletín Auriense, Ourense, 2000) afirman que esta discorría pola marxe sur de seu territorio, seguindo a liña este-oeste de Nogueira, Vigueira de Abaixo, Cadaval, Covas e A Palela en dirección ao Camiño da Xe (situado un pouco por encima de Xinzo da Costa, no concello de Maceda.
 
Do que non cabe dúbida é de que por Vilariño Frío pasa o medieval “'''Camiño Real da Cruz de Ferro'''” que, saíndo de O Burgo de Caldelas, vai por Pereiro, Portela, Figueiras, Pousa, Santiago da Medorra, Abeledos (da Cruz de Ferro), Folgoso, A Retorta, Vilariño Frío e segue por Bouzas e Casetas do Rodicio baixando ó val de Maceda por Tioira. Como resto máis visible do paso deste camiño por Vilariño Frío conservase, aínda en bo estado, a chamada “'''Ponte Vella'''”, que consta de tres arcos semicirculares de luces distintas e bóvedas de medio punto. Arcos constituídos por perpiaños de labra moi esmerada e sentados "a oco". A construción actual é, probablemente do século XVII polas súas características construtivas: doelas, irregularidade do trasdous, moderado ancho da calzada, tipo de sillería, alzado e planta dos taxamares e rasante alombada. Por esta ponte pasou a primeiros de novembro de 1755 (entre o 3 e 4 de novembro), e logo de sentir o terremoto de 1º de novembro dese ano de 1755 en Santa Mariña de Augas Santas (concello de Allariz), '''Frei Martín Sarmiento''' na súa viaxe de volta a Madrid, ondedeténdose chegoumedio odía 27en deVilariño novembroFrío para logo seguir camiño de 1755San Paio da Aveleda. (véxase, F. Martín sarmiento: Escritos Xeográficos. Xunta de Galicia, 1996; páx.64).
 
Na casa chamada dos «señores de Cornoces», na actualidade propiedade de dona Maruja Rodríguez, atópase un escudo cuartelado onde represéntanse as armas da familia Reinoso [a cruz de Calatraba, no primeiro cuartel], unha das familias máis potentes e coñecidas de Ourense do século XVIII que posuían pazo en Cornoces (Parada de Amoeiro); a familia Figueroa y Calderón, anteriores posuidores do pazo de Cornoces, [folla de figueira e tres pequenos caldeiros, do segundo cuartel]; a familia Ojea [castelo e media lúa, do terceiro cuartel]e a familia Castro [seis roeles de azur, no cuarto cuartel], da que descenden os Condes de Lemos.