Mar: Diferenzas entre revisións
Contido eliminado Contido engadido
→Bacías: testo traducido desde a wiki .en:Sea#Basins e .pt:Mar#Bacias |
m →Bacías: arranxiños |
||
Liña 175:
A terra está composta por un [[Núcleo terrestre|núcleo magnético central]], un [[manto]] principalmente líquido e unha capa ríxida externa, ou [[litosfera]], que está composta por unha [[Codia terrestre|cortiza rochosa]] e a capa externa sólida do manto. A cortiza debaixo da terra é coñecida como a [[codia continental]], mentres que baixo o mar abisal chámase [[codia oceánica]]. Esta última está feita de [[basalto]] relativamente denso e ten un espesor de entre 5-10 km (3-6 millas). A litosfera é unha capa relativamente moi delgada que esta fragmentada nunha serie de [[Placa tectónica|placas ou baldosas]]<ref>{{cita web |url=http://www.eoearth.org/view/article/156285/ |título=Structure of the Earth |author=Pidwirny, Michael |date=28 de marzo de 2013 |work=The Encyclopedia of Earth }}</ref> que se desprazan sobre un manto fluído ([[astenosfera]]), máis débil e máis quente. No medio do océano, o [[magma]] é constantemente empuxado desde o fondo a través das placas adxacentes, formando as [[dorsal oceánica|cristas oceánicas]], onde as correntes [[convección|convectivas]] entre o manto tenden a separar as dúas placas adxacente. Paralelamente a estas cristas e máis preto das costas, unha placa oceánica pode deslizarse debaixo doutra nun proceso coñecido como a [[subdución]]. Durante este proceso fórmanse [[Fosa abisal|fosas submarinas]] profundas xa que o proceso vén acompañado de fricción mentres as placas se amolan unhas as outras. O movemento da lugar a sacudidas, que á súa vez poden causar [[terremoto]]s. Así mesmo a calor que produce e o magma é forzado cara arriba, creando montañas subacuáticas, algunhas das cales se transforman en [[volcán|illas volcánicas]]. Preto dalgúns límites terrestres, as placas oceánicas pouco densas deslizanse por baixo das placas continentais e fórmanse novas trincheiras de subdución. Durante este fenómeno, as placas continentais desfiguranse, provocando a formación de montañas superficiais e actividade sísmica.<ref>{{cita web |url=http://www.eoearth.org/view/article/155264/ |título=Plate tectonics |autor=Pidwirny, Michael |data=28 de marzo de 2013 |editor=The Encyclopedia of Earth }}</ref><ref>{{cita web |url=http://www.ucmp.berkeley.edu/geology/tectonics.html |título=Plate Tectonics: The Mechanism |editor=University of California Museum of Paleontology }}</ref>
A fosa máis profunda da Terra é a [[foxa das Marianas]], que se estende uns 2.500 quilómetros ao longo do fondo do mar. Está fosa esta preto das [[Illas Marianas]], [[arquipélago]] de
== Mares extraterrestres ==
|