Mar: Diferenzas entre revisións

Contido eliminado Contido engadido
lig int
→‎Bacías: testo traducido desde a wiki .en:Sea#Basins e .pt:Mar#Bacias
Liña 173:
A [[batimetría]] é o mapeo e estudo da topografía do fondo dos océanos. Os métodos utilizados para medir a profundidade do mar inclúen a [[sonda náutica]], o uso de [[Sistema de sondeo láser aerotransportado|sonda aerotransportada de profundidade a láser]] e cálculo de datos por satélite de [[teledetección]]. Esta información utilízase para determinar as rutas submarinas e de canalizacións para a elección de lugares axeitados para a instalación de plataformas petrolíferas e aeroxeradores costa afora e para identificar posibles novas áreas de pesca, por exemplo.<ref>{{cita web |url=http://www.ga.gov.au/marine/bathymetry.html |título=Marine and Coastal: Bathymetry |editor=Geoscience Australia }}</ref>
 
A terra está composta por un [[Núcleo terrestre|núcleo magnético central]], un [[manto]] principalmente líquido e unha capa ríxida externa, ou [[litosfera]], que está composta por unha [[Codia terrestre|cortiza rochosa]] e a capa externa sólida do manto. A cortiza debaixo da terra é coñecida como a [[codia continental]], mentres que baixo o mar abisal chámase [[codia oceánica]]. Esta última está feita de [[basalto]] relativamente denso e ten un espesor de entre 5-10 km (3-6 millas). A litosfera é unha capa relativamente moi delgada que esta fragmentada nunha serie de [[Placa tectónica|placas ou baldosas]]<ref>{{cita web |url=http://www.eoearth.org/view/article/156285/ |título=Structure of the Earth |author=Pidwirny, Michael |date=28 de marzo de 2013 |work=The Encyclopedia of Earth }}</ref> que se desprazan sobre un manto fluído ([[astenosfera]]), máis débil e máis quente. No medio do océano, o [[magma]] é constantemente empuxado desde o fondo a través das placas adxacentes, formando as [[dorsal oceánica|cristas oceánicas]], onde as correntes [[convección|convectivas]] entre o manto tenden a separar as dúas placas adxacente. Paralelamente a estas cristas e máis preto das costas, unha placa oceánica pode deslizarse debaixo doutra nun proceso coñecido como a [[subdución]]. Durante este proceso fórmanse [[Fosa abisal|fosas submarinas]] profundas xa que o proceso vén acompañado de fricción mentres as placas se amolan unhas as outras. O movemento da lugar a sacudidas, que á súa vez poden causar [[terremoto]]s. Así mesmo a calor que produce e o magma é forzado cara arriba, creando montañas subacuáticas, algunhas das cales se transforman en [[volcán|illas volcánicas]]. Preto dalgúns límites terrestres, as placas oceánicas pouco densas deslizanse por baixo das placas continentais e fórmanse novas trincheiras de subdución. Durante este fenómeno, as placas continentais desfiguranse, provocando a formación de montañas superficiais e actividade sísmica.<ref>{{cita web |url=http://www.eoearth.org/view/article/155264/ |título=Plate tectonics |autor=Pidwirny, Michael |data=28 de marzo de 2013 |editor=The Encyclopedia of Earth }}</ref><ref>{{cita web |url=http://www.ucmp.berkeley.edu/geology/tectonics.html |título=Plate Tectonics: The Mechanism |publishereditor=University of California Museum of Paleontology }}</ref>
 
A fosa máis profunda da Terra é a [[foxa das Marianas]], que se estende uns 2.500&nbsp;quilómetros ao longo do fondo do mar. Está fosa esta preto das [[Illas Marianas]], [[arquipélago]] de caracter volcánico situado no Pacífico occidental. Aínda que as súas medidas son só 68&nbsp;km de ancho, o seu punto máis profundo é de 10.994&nbsp;metros (case 7 millas) por debaixo da superficie do mar.<ref name="smmt">{{cita novas |url=http://www.telegraph.co.uk/news/earth/environment/8940571/Scientists-map-Mariana-Trench-deepest-known-section-of-ocean-in-the-world.html |autor=Daily Telegraph Reporter|título=Scientists map Mariana Trench, deepest known section of ocean in the world |data=7 de decembro de 2011 |xornal=The Telegraph |dataacceso=28 de decembro do 2017}}</ref> Unha fosa aínda máis longa corre ao longo da costa do [[Perú]] e [[Chile]], alcanzando unha profundidade de 8 065 m (26 460 pés) e esténdese por aproximadamente 5 900&nbsp;km (3 700 millas). Ista fosa atopase onde a [[placa tectónica|placa oceánica]] de [[placa de Nazca|Nazca]] se desliza baixo a placa continental de [[placa suramericana|Suramérica]], estando asociada coa actividade volcánica ascendente da [[Andes|cordilleira dos Andes]].<ref>{{cita web |url=http://www.britannica.com/EBchecked/topic/453259/Peru-Chile-Trench |título=Peru-Chile Trench |editor=Encyclopædia Britannica online |dataacceso=29 de decembro do 2017}}</ref>
 
== Mares extraterrestres ==