Abrir o menú principal

Cambios

sen resumo de edición
{{Sen referencias|data=decembro de 2017}}
{{Revisión|data=decembro de 2016}}
O '''Domain Name System''', siglas '''DNS''', en galego '''Sistema de Nomes de Dominios''', é unha [[base de datos]] distribuída e xerárquica que almacena información asociada a [[nome de dominio]] en redes como [[Internet]]. Aínda que como base de datos o DNS é capaz de asociar distintos tipos de información a cada nome, os usos máis comúns son a asignación de nomes de dominio a [[enderezo IP|enderezos IP]] e a localización dos servidores de [[correo electrónico]] de cada dominio.
 
=== Partes dun nome de dominio ===
Un [[dominio de internet|nome de dominio]] normalmente consiste en dúas ou máis partes (tecnicamente ''etiquetas''), separadas por puntos cando se escriben en forma de texto. Por exemplo, <tt>www.mahomedalid.org</tt> ou <tt>es.Wikipedia.org</tt>
* Á etiqueta localizada máis á dereita chamaselle '''dominio de nivel superior''' ([[lingua inglesa|inglés]] '''<''' ''Top Level Domain''). Como <tt>org</tt> en <tt>www.mahomedalid.org</tt> ou <tt>es.Wikipedia.org</tt>
* Cada etiqueta á esquerda especifica una subdivisión ou '''subdominio'''. Nótese que "subdominio" expresa dependencia relativa, non dependencia absoluta. En teoría, esta subdivisión pode ter ata 127 niveis, e cada etiqueta conter ata 63 caracteres, pero restrinxido a que a lonxitude total do nome do dominio non supere os 255 caracteres, aínda que na práctica os dominios son case sempre moito máis curtos.