Diferenzas entre revisións de «ASTANO»

→‎Historia: edición
(→‎Historia: empregados astano)
(→‎Historia: edición)
En [[1944]] converteuse en [[sociedade anónima]], entrando na empresa o [[Banco Pastor]], e co seu capital acometeuse o paso á construción en [[Metal (material)|metal]] iniciado o ano anterior, e comezou unha medra sostida apoiada na expansión da pesca e nun mercado protexido. A entrada na dirección da empresa do enxeñeiro e ex-director de Bazán [[José María González-Llanos]] iniciou o crecemento de Astano, que chegou a ser un dos máis importantes estaleiros do mundo. A empresa modernizou as instalacións, creou escolas de aprendices, comedores para os traballadores, vivendas sociais, economato e beneficios sociais e melloras económicas. Pasou ademais da construción de buques en madeira a construír os maiores buques que se estaban a botar no mundo.
 
A primeira crise chegou en [[1956]] co esgotamento dos caladoiros do [[Gran Sol]] e comezou un xiro cara á elaboración de navíos de carga, fundamentalmente para [[carbón]] e [[petróleo]] nun mercado en expansión. A crise definitiva chegou en 1971 coa empresa nunha situación crítica, o que provocou a toma de control polo [[Instituto Nacional de Industria]], que non conseguiu endereitala. A subseguinte [[crise do petróleo]] de [[1973]] acabou por condenar o estaleiro a perdas cada vez maiores e unha situación sen saída. Cando en [[1972]] se botou o ''Arteaga'', navío de 323 000 toneladas, de enorme éxito na construción naval nacional, a empresa estaba en franca decadencia, o que non impediu o seu crecemento tecnolóxico e a botadura dos petroleiros máis grandes, o ''Al-Andalus'' en [[1974]] de 362 946 toneladas de peso morto e 362,57 metros de eslora, e o ''Santa María'' en [[1975]] de 365 000 toneladas de peso morto. Son os maiores buques construídos e botados en bancada do mundo. A factoría traballaba por debaixo da súa capacidade e en 1979 o INI fíxose cargo da totalidade da empresa, inxectando un capital de 3 500 millóns de pesetas.
{|style="background:red; border: 2px solid silver; border-radius: 8px 8px 8px 8px; color: Black; float:left; margin: 1em 1em 1em 1em;"
|
|Fonte: Carlos Ferrás Sexto, op. cit. páx.132
|}
 
A primeira crise chegou en [[1956]] co esgotamento dos caladoiros do [[Gran Sol]] e comezou un xiro cara á elaboración de navíos de carga, fundamentalmente para [[carbón]] e [[petróleo]] nun mercado en expansión. A crise definitiva chegou en 1971 coa empresa nunha situación crítica, o que provocou a toma de control polo [[Instituto Nacional de Industria]], que non conseguiu endereitala. A subseguinte [[crise do petróleo]] de [[1973]] acabou por condenar o estaleiro a perdas cada vez maiores e unha situación sen saída. Cando en [[1972]] se botou o ''Arteaga'', navío de 323 000 toneladas, de enorme éxito na construción naval nacional, a empresa estaba en franca decadencia, o que non impediu o seu crecemento tecnolóxico e a botadura dos petroleiros máis grandes, o ''Al-Andalus'' en [[1974]] de 362 946 toneladas de peso morto e 362,57 metros de eslora, e o ''Santa María'' en [[1975]] de 365 000 toneladas de peso morto. Son os maiores buques construídos e botados en bancada do mundo. A factoría traballaba por debaixo da súa capacidade e en 1979 o INI fíxose cargo da totalidade da empresa, inxectando un capital de 3 500 millóns de pesetas.
 
Nese contexto de profunda reconversión produciuse a negociación do ingreso de [[España]] na [[Unión Europea]] (entón [[Comunidade Económica Europea]]). O plan para o sector naval da CEE era moi duro e propoñía unha enorme redución da capacidade produtiva en toda a Unión. A España esixíaselle o peche dun [[estaleiro]] entre os de [[Puerto Real]], [[Sestao]] ou [[Fene]]. O goberno socialista de [[Felipe González]] propuxo limitar a produción de Astano á [[construción]] ''[[Off-Shore]]'', sector que estaba entrando nunha recesión, o que foi aceptado pola CEE con fortes reservas. O estaleiro puido volver á construción naval civil o 1 de xaneiro de 2015, cando rematou o veto.<ref>[http://www.diariodeferrol.com/articulo/ferrol/astillero-fene-encrucijada/20140907024327099669.html El astillero de Fene, en la encrucijada] ''[[Diario de Ferrol]]''.</ref>
 
Usuario anónimo