ASTANO: Diferenzas entre revisións

Contido eliminado Contido engadido
→‎Historia: empregados astano
Liña 31:
 
A primeira crise chegou en [[1956]] co esgotamento dos caladoiros do [[Gran Sol]] e comezou un xiro cara á elaboración de navíos de carga, fundamentalmente para [[carbón]] e [[petróleo]] nun mercado en expansión. A crise definitiva chegou en 1971 coa empresa nunha situación crítica, o que provocou a toma de control polo [[Instituto Nacional de Industria]], que non conseguiu endereitala. A subseguinte [[crise do petróleo]] de [[1973]] acabou por condenar o estaleiro a perdas cada vez maiores e unha situación sen saída. Cando en [[1972]] se botou o ''Arteaga'', navío de 323 000 toneladas, de enorme éxito na construción naval nacional, a empresa estaba en franca decadencia, o que non impediu o seu crecemento tecnolóxico e a botadura dos petroleiros máis grandes, o ''Al-Andalus'' en [[1974]] de 362 946 toneladas de peso morto e 362,57 metros de eslora, e o ''Santa María'' en [[1975]] de 365 000 toneladas de peso morto. Son os maiores buques construídos e botados en bancada do mundo. A factoría traballaba por debaixo da súa capacidade e en 1979 o INI fíxose cargo da totalidade da empresa, inxectando un capital de 3 500 millóns de pesetas.
{|style="background:red; border: 2px solid silver; border-radius: 8px 8px 8px 8px; color: Black; float:left; margin: 1em 1em 1em 1em;"
 
|
{| {{Táboabonita}}
|+ '''Evolución da plantilla de Astano'''
|-
!Ano!!Trab. Directos!!Trab. Contratas!!Totais
|-
|1970||3485||-||-
|-
|1971||5584||-||-
|-
|1972||5393||2181||7574
|-
|1973||5766||2500||8266
|-
|1974||6101||2845||8946
|-
|1975||6688||2648||9336
|-
|1976||6713||1927||8640
|-
|1977||6614||928||7542
|-
|1978||6511||135||6646
|-
|}
|-align=center
|Fonte: Carlos Ferrás Sexto, op. cit. páx.132
|}
Nese contexto de profunda reconversión produciuse a negociación do ingreso de [[España]] na [[Unión Europea]] (entón [[Comunidade Económica Europea]]). O plan para o sector naval da CEE era moi duro e propoñía unha enorme redución da capacidade produtiva en toda a Unión. A España esixíaselle o peche dun [[estaleiro]] entre os de [[Puerto Real]], [[Sestao]] ou [[Fene]]. O goberno socialista de [[Felipe González]] propuxo limitar a produción de Astano á [[construción]] ''[[Off-Shore]]'', sector que estaba entrando nunha recesión, o que foi aceptado pola CEE con fortes reservas. O estaleiro puido volver á construción naval civil o 1 de xaneiro de 2015, cando rematou o veto.<ref>[http://www.diariodeferrol.com/articulo/ferrol/astillero-fene-encrucijada/20140907024327099669.html El astillero de Fene, en la encrucijada] ''[[Diario de Ferrol]]''.</ref>