Francisco Comesaña Rendo: Diferenzas entre revisións
Contido eliminado Contido engadido
Xas (conversa | contribucións) m lig int |
Xas (conversa | contribucións) m lig int |
||
Liña 3:
== Traxectoria ==
Fillo de emigrantes [[Tui|tudenses]], regresou a Galicia con seis anos. Estudou en Tui e despois Medicina na [[Universidade de Santiago de Compostela]]. En [[1931]] coñeceu á que sería a súa muller [[Ascensión Concheiro García]], estudante de Maxisterio. Afiliouse ás Juventudes Socialistas, das que foi secretario xeneral, e trala fusión coas Juventudes Comunistas, foi presidente das Juventudes Socialistas Unificadas.
Na illa comezou unha campaña antifranquista, e na Habana naceu o seu primeiro fillo, que foi apadriñado polo seu camarada comunista e amigo [[Julian Grimau]]. Recibiu unha oferta de traballo en [[México]], onde os exiliados tamén reclamaban a súa presenza e decide instalarse en [[Cidade de México]] ocupándose da dirección médica dun laboratorio farmacéutico e participando con outros médicos nun hospital. En México participou en actividades do exilio, foi fundador do [[Padroado da cultura galega de México|Padroado da Cultura Galega]], e publicou en ''[[Vieiros (revista)|Vieiros]]'' un artigo titulado "Cavilando..." sobre a celebración do Día da Patria Galega. Aínda que a súa muller viaxou periodicamente a Galicia para visitar a súa familia, Francisco non retornou definitivamente ata [[1976]] instalándose en [[Tui]], na casa familiar de San Bartolomeu. Regresou cunha saúde delicada, logo de varios infartos, agravada cunha doenza respiratoria, a pesar do cal mantivo unha intensa actividade. Morreu en Tui en 1997.
Francisco Comesaña inspirou ao novelista [[Manuel Rivas]] para o personaxe do doutor Da Barca na súa novela ''[[O lapis do carpinteiro]]''.
== Véxase tamén ==
|