Abrir o menú principal

Cambios

m
axustes na redacción
|sitio web = [http://www.tijuana.gob.mx/ Páxina oficial da Cidade de Tijuana]
}}
'''Tijuana''' é a maior cidade do estado [[México|mexicano]] de [[Baixa California]] e a capital ou cabeceira municipal do concello de Tijuana; tamén é un dos centros urbanos mais importantes do país, a súa zona metropolitana esténdese aos concellos de Playas de Rosarito, Ensenada e Tecate. Adoita ser citada, abreviada e coloquialmente, como '''TJ'''. A súa poboación, en 2015, era de 1.641.570 habitantes<ref>{{Cita web |url=http://cuentame.inegi.org.mx/monografias/informacion/bc/poblacion/ |título=Número de habitantes. Baja California |dataacceso=20 de setembro de 2016 |editorial=cuentame.inegi.org.mx}}</ref>. Forma un ''continuum'' metropolitano, separado apenas pola fronteira, coa cidade californiana de [[San Diego]];: o seu conxunto supera os 4.900.000 habitantes.
 
A cidade é coñecida como ''Lugar onde comenza a Patria'' ou ''A esquina de América Latina''. É un centro empresarial, administrativo, turístico, industrial, tecnolóxico e educativo do estado e de México.
 
== Topónimo ==
 
== Xeografía ==
[[Ficheiro:San Diego-Tijuana Metro 3D Map.jpg|miniatura|esquerda|250px|Vista aérea da área metropolitana Tijuana, Méx. - San Diego, EUA]]
 
A cidade está situada sobre a fronteira entre os [[Estados Unidos de América|Estados Unidos]] e México, facendo límitelindando co [[condado de San Diego]] de [[California]] polo norte. Tijuana ten límites tamén con [[Playas de Rosarito]], que en tempos foi unha das súas localidades, mais obtivo a súa independencia administrativa no [[1995]]. O censo do ano [[2005]] indicaba unha poboación de 1,6 millóns de habitantes, incluíndo [[Tecate]], mais a cantidade foi contestada, especialmente porque a cidade acolle numerosas persoas sen domicilio e é un punto de paso moi importante de emigrantes clandestinos para os [[Estados Unidos de América|Estados Unidos]].
 
O Cerro Colorado é a maior altitude da cidade, a menor altitude é Playas de Tijuana, punto fronteirizo co estado de California.