José Antonio Paz Martínez: Diferenzas entre revisións

Contido eliminado Contido engadido
Banjo (conversa | contribucións)
{{copyvio|http://anuariobrigantino.betanzos.net/Ab2004PDF/2004%20265-312%20PEREIRA.pdf}}
Etiquetas: edición desde un dispositivo móbil Edición feita a través do sitio móbil
Liña 7:
Durante a [[folga xeral revolucionaria de 1934]] estivo preso en Ferrol, interesándose por el [[Diego Martínez Barrio]]. Durante a [[Guerra Civil Española|Guerra Civil]] aparece mencionado nunha circular da Grande Loxa Rexional do Centro de España como un dos masóns que prestaban servizo e loitaban a favor do Goberno lexítimo, como dependente do Ministerio de Mariña, “destino Sánchez Bercaiztegui”.
 
En agosto de 1939 atopábase no campo de refuxiados de Argelès sur Mer 8 bis en [[Francia]]. Durante a [[Segunda Guerra Mundial]] incorporouse aos maquis no sur de Francia, acadando o grao de coronel e perdendo unhaun pernaollo en combate. Foi delegado da Agrupación de Guerrilleros Españoles na [[Unión Nacional Española (1942)|Unión Nacional]] (UNE). En decembro de 1945 participou na fundación do [[Bloque Repubricán Nazonal Galego]] (BRNG), en [[Tolosa, Francia|Tolosa]], como representante do [[PCE]]. O Tribunal de Represión da Masonería e o Comunismo instruíulle sumario en 1944, sendo condenado anos despois a 16 de reclusión menor e accesorias, pero estaba exiliado en Londres (Inglaterra) e logo en Casablanca (Marruecos). Moito despois presentou unha solicitude relacionada cos seus haberes pasivos, regresando a finais dos sesenta a España (Salamanca) onde faleceu en 2007.
 
Foi condecorado Cabaleiro da Lexión de Honra polo goberno francés.