Abrir o menú principal

Cambios

m
Bot: Cambio o modelo: ADC; cambios estética
'''Pedro Xosé García Balboa''', máis coñecido como '''frei Martín Sarmiento''', nado en [[Vilafranca do Bierzo]]<ref>''Sarmiento un intelectual ilustrado'', [[Pilar Allegue]], 2001, ISBN 84-8302-669-4. Existe a tese de que naceu en Cerdedo no artigo de José Santos, [http://www.udc.es/dep/pdce/Sarmiento/SARMIENTO%2012%20WEB.pdf "Martin Sarmiento, natural de San Juan de Cerdedo"], en ''Sarmiento, Anuario de Historia da Educación'', nº 12, 2008, pp. 9-21.</ref> o [[9 de marzo]] de [[1695]] e finado en [[Madrid]] o [[7 de decembro]] de [[1772]], foi un relixioso e escritor [[Galicia|galego]]. É un dos pais da [[filoloxía]] románica en xeral e da [[filoloxía galega|galega]] en particular. Dedicóuselle o [[Día das Letras Galegas]] en [[2002]].
 
== Traxectoria ==
Con catro meses trasládase coa súa familia a [[Pontevedra]], onde pasou a súa infancia e parte da mocidade. O 3 de maio de 1710, con 15 anos de idade, marchou a [[Madrid]] para ingresar na [[orde de San Bieito]].
 
Foi un home adiantado ao seu tempo e loitador pola súa terra. Realizou análises da [[lingua galega]], idea que foi seguida posteriormente polo [[padre Sobreira]], nunha época en que a lingua estaba desprestixiada polo [[centralismo]] que afogaba as manifestacións populares localistas. De grande importancia foron as súas viaxes a Galicia, a de 1745 (que durou 8 meses) e a de 1754. Foron verdadeiras expedicións científicas programadas e pensadas polo miúdo, nas cales descobre unha Galicia e un [[pobo galego|pobo]] cunha gran riqueza natural, cultural e patrimonial.
 
=== As súas ideas ===
[[Ramón Mariño Paz]] recolle as teses sobre a obra de temática galega do padre Sarmiento. Na súa opinión xiran en torno a:
[[Ficheiro:Placa Sarmiento Pontevedra.jpg|miniatura|Placa na rúa Martín Sarmiento de Pontevedra.]]
* o problema lingüístico, [[semántica|semántico]] e de comunicación do galego como causa de atraso da súa patria;
* o seu rexeitamento irado do [[castigo físico]] que sofrían algúns nenos por expresárense en galego na clase;
* a súa defensa convencida de que ós rapaces había que aprenderlles na mesma lingua que falaban na casa, e tamén se debía predicar e administrar os fregueses na lingua que lles era propia;
* e, en definitiva, o seu convencemento de que isto implicaba introducir o galego na escola, nos xulgados, nas igrexas e na [[Administración pública|administración]].
 
En 1944 fundouse o [[Instituto Padre Sarmiento de Estudios Gallegos]], que pretende ser unha continuación do [[Seminario de Estudos Galegos]]. Neste instituto realízanse exposicións, publicacións e labores de investigación nas ramas de [[Humanidades]] e [[Ciencias Sociais]].
 
== Obra ==
[[Ficheiro:Coloquio en mil duascentas coplas galegas.pdf|miniatura|''Coloquio en mil duascentas coplas galegas'', obra coñecida tamén baixo outros títulos, como ''Colección de voces y frases gallegas'' ou ''Coloquio de veinticuatro gallegos rústicos''.]]
=== Publicada ===
[[Ficheiro:Instituto Padre Sarmiento de Estudos Galegos 2.jpg|miniatura|[[Instituto Padre Sarmiento de Estudos Galegos]], en [[Santiago de Compostela]].]]
* ''“Aprobación” de la Ilustración Apologética de Feijoo'', Madrid, 1729
* ''Coplas gallegas y Glosario'' (1746)
* ''Cartas al Duque de Medinasidonia'' (1747-1770)
* ''Sistema de adornos ... para el nuevo Palacio Real'' (1747-53)
* ''Catálogo de algunos libros curiosos y selectos'' (1748) <ref>[http://busc.usc.es/fondohis.asp?id=b11166836 ''Catálogo de algunos libros curiosos y selectos'']</ref>
* ''Plano de un nuevo y fácil método para recoger infinitos materiales para una general descripción geográfica y completa de toda la Península y toda la América'' (1751)
* ''Notas al privilegio de Ordoño II'' (1752) <ref>[http://webpages.ull.es/users/medull/pedagogos/SARMIENTO/Reflexiones_sobre_Archiveros.pdf Notas al Privilegio de Ordoño y Reflexiones sobre Archiveros] Universidad de La Laguna.</ref>
* ''Catálogo de voces vulgares y en especial de voces de diferentes vegetables'' (1754-55)
* ''Disertación sobre el animal zebra, nacido, criado, conocido y cazado antiguamente en España'' <ref>[http://webpages.ull.es/users/medull/pedagogos/SARMIENTO/Zebra.pdf Disertación sobre el animal zebra, nacido, criado, conocido y cazado antiguamente en España] Universidad de La Laguna.</ref>
 
== Na cultura popular contemporánea ==
Na curtametraxe de animación ''[[A escola das areas]]'' aparece representado coma o mestre que guía ao neno Alfonso.
 
}}
 
== Notas ==
{{Listaref|30em}}
 
== Véxase tamén ==
{{Commonscat|Martín Sarmiento}}
{{Wikisource}}
=== Bibliografía ===
{{Artigo principal|Bibliografía de Frei Martín Sarmiento}}
 
=== Ligazóns externas ===
* [http://www.realacademiagalega.org/figuras-homenaxeadas/-/journal_content/56_INSTANCE_8klA/10157/14267 "Frei Martín Sarmiento "] [[Real Academia Galega]].
* [http://www.consellodacultura.org/sarmiento Proxecto Sarmiento] do [[Consello da Cultura Galega]]
{{ADCÁlbum da Ciencia|268}}
* [http://bvg.udc.es/ficha_autor.jsp?id=JosGarc%ED&alias=Padre+Sarmiento&solapa=biografia "Padre Sarmiento"] na [[Biblioteca Virtual Galega]].
* Álamo, Mateo del e Pérez de Urbel, Justo (transcrición): [http://consellodacultura.org/sarmiento/files/2009/10/viaje_galicia.pdf ''Viaje a Galicia de Fr. M. Sarmiento (1754-1755)''], [[Francisco Javier Sánchez Cantón|Sánchez Cantón]] e [[José Manuel Pita Andrade|Pita Andrade]] (ed.), Santiago de Compostela, [[Instituto P. Sarmiento de Estudios Gallegos|IEGPS]], 1950.
 
{{ORDENAR:Sarmiento, Frei Martin}}
 
[[Categoría:Nados en 1695]]
[[Categoría:Finados en 1772]]
381.175

edicións