Filipe IV de España: Diferenzas entre revisións

Contido eliminado Contido engadido
Moedagalega (conversa | contribucións)
*Toisón de Ouro > Vélaro de Ouro.
Liña 62:
===Reinado===
Compartiu a responsabilidade dos asuntos de Estado con [[valido]]s, entre os que destacaría [[Gaspar Guzmán Pimentel|Gaspar de Guzmán, conde-duque de Olivares]], que tentou realizar unha política exterior que buscaba manter a hexemonía española en [[Europa]]. Tamén destaca o seu segundo valido, [[Luis Méndez de Haro]], sobriño de Olivares.
=== Etapa do Conde-duque de Olivares (1621-43) ===
Cando se aproximaba o fin do reinado de [[Filipe III de España|Filipe III]], as intrigas palaciegas disputábanse a confianza do futuro rei, o [[príncipe de Asturias]] que chegaría a ser Filipe IV. O valido do rei, o [[Ducado de Lerma|duque de Lerma]], loitaba por obter o favor do monarca co apoio do seu xenro, o [[Pedro Fernández de Castro y Andrade|conde de Lemos]] e do seu primo, [[Fernando de Borja]], gentil home da cámara do príncipe, fronte aos seus dous fillos, o [[Cristóbal Gómez de Sandoval y de la Cerda|duque de Uceda]] e o [[Condado de Saldaña|conde de Saldaña]]. Olivares, que durante tanto tempo fora un personaxe illado naquela casa, converteuse nun estreito aliado dos fillos contra o seu pai.
 
Tamén aproveitou o conde-duque a posición do seu tío [[Baltasar de Zúñiga y Velasco|Baltasar de Zúñiga]] no [[Consello de Estado de España|Consello de Estado]] (que el mesmo propiciara) para mover os fíos de palacio.
 
Tras a morte do rei en [[1621]] debido a unhas febres que contraeu en [[1619]] ao regreso dunha viaxe a [[Portugal]], onde o seu fillo fora xurado como herdeiro da coroa portuguesa, o novo rei Filipe IV escolleu ao [[Gaspar Guzmán Pimentel|Conde-duque de Olivares]] como valido.
 
== Nupcias e descendentes ==