George Harrison: Diferenzas entre revisións

Contido eliminado Contido engadido
Melloro estilos de localización
→‎1970-1980: texto traducido desde a wiki .es:George_Harrison#1970-1980
Liña 103:
 
O seguinte álbum de Harrison, ''[[Living in the Material World]]'', sería publicado en 1973. O seu primeiro single, "[[Give Me Love (Give Me Peace on Earth)]]" brindaríalle o seu segundo nº1 en Estados Unidos, mentres "Sue Me Sue You Blues" serviría de mofa ao proceso xudicial que estaba desenvolvendo McCartney para disolver de forma oficial [[The Beatles]]. Cun son máis intimista e unha lírica máis espiritual e filosófica, o álbum mantívose no primeiro posto das listas de éxitos estadounidenses durante cinco semanas. En setembro de 2006, unha reedición do álbum con "Deep Blue" e "Miss O'Dell" como temas extra, así como con DVD, alcanzaría o posto nº38 do [[Billboard]] Pop Catalog Chart.
 
En 1974, viu a luz ''[[Dark Horse (álbum)|Dark Horse]]'', á vez que daba inicio a unha xira polos Estados Unidos. A xira foi duramente criticada pola duración do acto principal, a cargo de [[Ravi Shankar (músico)|Ravi Shankar]], e pola voz rouca de Harrison debida a unha [[larinxite]]. Aínda así, o álbum alcanzou o posto nº5 nas listas de éxitos estadounidenses, aínda que as críticas desfavorables e o pouco interese suscitado provocarían que ''Dark Horse'' non entrase nas listas de éxitos británicas. O single "[[Dark Horse (canción)|Dark Horse]]" alcanzaría o posto nº15 nas listas de Billboard.
 
Durante o período de preparación para a xira estadounidense, abriu oficinas en La Brea Avenue de [[Os Ánxeles]] para o seu futuro selo discográfico, [[Dark Horse Records]]. Dentro das oficinas coñecería á súa segunda muller, [[Olivia Trinidad Arias]], asignada para traballar no selo xunto a Terry Douran de Apple e Jack Oliver. A súa relación sentimental daría froitos a partir da xira, ata que en 1978 contraerón matrimonio.
 
O seu último álbum de estudo baixo o selo [[Apple Records|Apple]], ''[[Extra Texture (Read All About It)]]'', foi publicado en 1975, do cal se extraeron dous singles: "[[You (canción de George Harrison)|You]]", que alcanzou o Top 20 das listas de [[Billboard]], e "[[This Guitar (Can't Keep From Crying)]]", que supuxo o último single editado por [[ Apple Records| Apple]] e o primeiro sinxelo dun Beatle que non entrou nas listas estadounidenses.
 
Tras a saída de [[John Lennon]], George Harrison e [[Ringo Starr]] do selo [[EMI]] ([[Paul McCartney]] permanecería nel ata que en [[2007]] fichara por [[Starbucks|Hear Music]]), a compañía discográfica tivo liberdade para editar o traballo do grupo e dos seus compoñentes en solitario nun mesmo álbum, utilizando a Harrison como experimento en ''[[The Best of George Harrison]]'', na que se combinaban os seus éxitos compostos en [[The Beatles]] e en solitario. Ao mesmo tempo, Harrison viuse envolvido en problemas coa industria discográfica. Durante a gravación do seu primeiro álbum en [[Dark Horse Records]], ''[[Thirty Three & 1/3]]'', Harrison viuse afectado de [[hepatite]], atrasando a súa publicación e incumprindo unha cláusula do contrato asinado previamente coa distribuidora A&M. Tras ser denunciado, [[Warner Bros. Records]] fíxose cargo da distribución do seu selo, permitíndolle suficiente tempo para recuperarse da enfermidade e gravar o álbum.
 
''[[Thirty Three & 1/3]]'' supuxo un considerable éxito tras os seus dous álbums anteriores, alcanzando o posto nº11 nas listas de éxitos estadounidenses. O primeiro single, "This Song", supón unha sátira do proceso xudicial polo "plaxio inconsciente" de "He's So Fine" de [[The Chiffons]], mentres "Crackerbox Palace" sería posteriormente publicado como segundo single.
 
Tras o seu segundo matrimonio con Olivia Trinidad Arias e o nacemento do seu primeiro e único fillo [[Dhani Harrison]], Harrison emprendería a gravación do seu álbum [[epónimo]], ''[[George Harrison (álbum)|George Harrison]]'', publicado en 1979 cos singles "Blow Away", "Love Comes To Everyone" e "Faster". Tanto o álbum como o primeiro single alcanzaron o Top 20 nas listas de éxitos de [[Billboard]].
 
== Notas ==