Diferenzas entre revisións de «Akiba Rubinstein»

lig int
m (→‎Ligazóns externas: Arranxos varios)
(lig int)
 
== Traxectoria ==
De pais xudeus, pronto decidiu dedicarse por completo ao xadrez; crese que foi en [[1903]], logo de alcanzar o quinto posto nun torneo en [[Kiev]]. O xogo de Rubinstein floreceu especialmente entre [[1907]] e [[1912]]. Comezando cunha vitoria en [[Karlovy Vary|Carlsbad]] en 1907 e un primeiro posto compartido en [[San Petersburgo]] o mesmo ano, en [[1912]] alcanzou un refacho récord de vitorias, alcanzando a vitoria en cinco grandes torneos consecutivos: [[Donostia]], [[Piešťany]], [[Wrocław]] (campionato xermano), [[Varsovia]] e [[Vilna]].
 
Na época de Rubinstein non existía un ciclo polo título de [[Campionato do mundo de xadrez|campión do mundo]] nin nada semellante, senón que un xogador tiña que xuntar certa cantidade de diñeiro e patrocinadores para conseguir disputar un match pola coroa. Rubinstein nunca tivo a posibilidade de enfrontarse ao entón campión [[Emanuel Lasker]], xa que nunca puido xuntar este diñeiro. Ademais as súas posibilidades diminuíron tras un pobre resultado en San Petersburgo en [[1914]], e finalmente polo estalido da [[Primeira Guerra Mundial]] e a aparición do novo talento, [[José Raúl Capablanca]].