Reforma protestante: Diferenzas entre revisións

Contido eliminado Contido engadido
m →‎Antecedentes: arranxiños
m →‎Antecedentes: arranxiños
Liña 14:
[[Ficheiro:BullExurgeDomine.jpg|miniatura|dereita|200px|Bula ''Exurge Domine'', '''Contra Errores Martine Lutheri et sequatium''': Bula contra os erros de [[Martiño Lutero]] e os seus seguidores ([[15 de xuño]] de [[1520]]), pola que o papa [[León X, papa|León X]] o ameaza coa excomuñón se non se retracta de 41 puntos incluídos nas súas famosas 95 teses sobre as indulxencias do [[31 de outubro]] de [[1517]], nas que Lutero, indignado, atacaba a idea de que a compra das bulas podía ser causa de perdón de penas espirituais; feito habitual na época e onde a causa ocasional foi que o papa León X arrendaba as bulas de indulxencias á banca ''Fugger'' para obter diñeiro para a construción da [[basílica de San Pedro]] do Vaticano. Lutero queimou publicamente a bula ([[10 de decembro]] de [[1520]]) e a excomuñón fíxose efectiva ([[3 de xaneiro]] de [[1521]]). Estas datas son fitos da idade moderna, pero non pasarían de ser unha disputa teolóxica se non atopasen o formidable eco que a difusión da [[imprenta]] lle permitiu, e se non foran acollidos por unha sociedade madura para recibilos e uns axentes políticos dispostos e capaces de aproveitar o seu potencial.]]
=== Antecedentes ===
Todas as correntes protestantes maioritarias sitúan a súa separación da Igrexa Católicacatólica no [[século XVI]]. A orixe do protestantismo denomínase ''Reforma maxisterial'' porque o movemento foi apoiado polos maxistrados, a autoridade lexislativa (a diferenza da ''Reforma radical'', que non tivo apoio da administración). As organizacións protestantes antigas, como a U''nitas Fratrum'' que despois daría lugar á Igrexa de Moravia, sitúan a súa orixe no tempo de [[Jan Hus]], a comezos do [[século XV]] cando se producio unha gran crise na [[Igrexa católica]] en Europa Occidental debido aos numerosos problemas de corrupción eclesiástica e falta de piedade relixiosa. Foi a venda de indulxencias para financiar a construción da [[basílica de San Pedro]] en Roma, o que provocou finalmente que a cristiandade occidental se dividise en dúas, unha liderada pola [[Igrexa católica]], que tras o [[Concilio de Trento]] reivindicouse a se mesma como a única herdeira válida da cristiandade occidental expulsando calquera disidencia e suxeitándose á autoridade do Papa, e outra metade que fundou varias comunidades eclesiales propias, xeralmente de carácter nacional para, na súa maioría, rexeitar a herdanza cristiá medieval e buscar a restauración dun cristianismo primitivo idealizado. Isto deu lugar a que [[Europa]] quedase dividida entre unha serie de países que recoñecían ao [[Papa]], como supremo e único xefe da Igrexa Católicacatólica, e os países que rexeitaban a autoridade de Roma e que recibiron o nome de [[Protestantismo|protestantes]]. Deseguido, os protestantes apareceron en moitos lugares de [[Sacro Imperio Romano Xermánico|Alemaña]], nun tempo no cal o [[Imperio Otomán]] ameazaba territorios xermanos. Este feito apartaba a atención dos príncipes xermanos das emerxentes revoltas internas. Dita división provocou unha serie de guerras relixiosas en Europa. Como estaba dirixida por unha maioría de nobres de [[Bohemia]], esta foi a primeira Reforma Maxisterial en Europa. En parte, a protesta pode explicarse polos acontecementos dos séculos anteriores en Europa e particularmente en Bohemia.
 
=== Orixes e precursores: séculos XIV e XV ===