El Greco: Diferenzas entre revisións

Contido eliminado Contido engadido
Liña 47:
Recentemente identificouse un dos seus traballos, ''Morte da Virxe'', na igrexa da Dormición (Koimesis tis Theotokou), en [[Siros]], outra proba de que xa en Creta era considerado un ''mestre pintor''.
 
É unha cuestión controvertida determinar se El Greco foi bautizado dentro da [[Igrexa católica]] ou ben era un [[Igrexa Ortodoxa|ortodoxo grego]].<ref>Consideran que a familia do Greco e os seus antepasados eran ortodoxos gregos. Subliñan que un dos seus tíos era un sacerdote ortodoxo e que o seu nome non se atopa mencionado nos arquivos [[Igrexa Católicacatólica|católicos]] bautismais de Creta.(M. Lambraki-Plaka, ''El Greco—The Greek'', pp. 40–41.* P. Katimertzi, [http://ta-nea.dolnet.gr/print_article.php?e=A&f=16585&m=R26&aa=1 El Greco and Cubism]</ref> No seu testamento descríbese así mesmo como un «devoto católico», polo que algúns autores cren que formaba parte da minoría católica cretense ou que se converteu ao catolicismo antes de abandonar a illa.<ref name="McGarrRom">S. McGarr, [http://www.tuppenceworth.ie/ArtsEnt/elgreco-st-francis-receiving-the-stigmata.htm St Francis Receiving The Stigmata],<br />* J. Romaine, [http://www.godspy.com/culture/El-Grecos-Mystical-Vision.cfm El Greco's Mystical Vision]<br />* J. Sethre, ''The Souls of Venice'', p. 91</ref> Outros eruditos, en cambio, baseándose nunha extensa investigación arquivística que comezou sobre [[1960]], tales como Nikolaos Panayotakis, Pandelis Prevelakis e Maria Constantoudaki, insisten en que a familia do Greco e os seus antepasados eran ortodoxos gregos. Subliñan que un dos seus tíos era un sacerdote ortodoxo, e que o seu nome non se atopa mencionado nos arquivos católicos bautismais de Creta.
 
=== En Italia ===