Maruxa Mallo: Diferenzas entre revisións

Contido eliminado Contido engadido
Liña 31:
Durante esa década de [[1920]] traballou tamén para numerosas publicacións literarias como ''[[La Gaceta Literaria]]'', ''El Almanaque Literario'' ou ''[[Revista de Occidente]]'' e realizou portadas de varios libros. [[Ortega y Gasset]] coñeceu os seus cadros en [[1928]] e organizoulle unha exposición nos salóns da ''Revista de Occidente''. Exhibiu dez óleos que representaban pobos cheos de sol, toureiros e manolas, así como estampas coloreadas de maquinaria, deportes e cine de principios de século. A exposición foi todo un acontecemento cultural en Madrid, e tamén punto de partida para que Maruxa fose xulgada pola súa obra e non pola súa condición feminina.
 
Unha bolsa da [[XuntaJunta depara Ampliación de EstudosEstudios e Investigaciones Científicas]] permitiulle ir a [[París]] en [[1932]], onde entrou en contacto co [[surrealismo]] (coñeceu a [[Max Ernst]], [[René Magritte]], [[Joan Miró]], [[Giorgio de Chirico]] e outros), e participou en parladoiros con [[André Breton]] e [[Paul Éluard]]. Mudou a súa concepción sobre a pintura, alí comezou a súa etapa surrealista. A súa pintura cambiou radicalmente e alcanzou a mestría, tanto que o mesmo Breton comproulle en 1932 o cadro titulado ''Espantapájaros'', obra poboada de espectros que hoxe é considerada unha das grandes obras do surrealismo.
 
=== Regreso a España ===