Diferenzas entre revisións de «Eduardo Vincenti»

sen resumo de edición
{{Biografía}}
[[Ficheiro:Eduardo Vincenti, de Compañy.jpg|miniatura|En ''[[La Ilustración Española y Americana]]'', 1905, foto Manuel Compañy.]]
'''Eduardo Vincenti Reguera''', nado na [[A Coruña|Coruña]] o [[13 de outubro]] de [[1857]] e finado en [[Madrid]] o [[4 de abril]] de [[1924]], foi un político galego.
 
Como deputado por Pontevedra ocupouse a miúdo, tanto de asuntos relacionados co ensino público e co profesorado, como do desenvolvemento da agricultura e das cuestións sociais, chamando a atención sobre a necesidade de transformar a propiedade da terra rexida polo sistema foral en propiedade libre. Presentou e defendeu en [[1907]] unha proposición de lei sobre [[Foro (contrato)|foros e subforos]].
[[Ficheiro:Sepulcro Eduardo Vincenti.jpg|miniatura|Sepulcro no [[cemiterio de San Amaro de Pontevedra]].]]
Tamén tivo unha grande preocupación polo desenvolvemento da educación, como puxo de manifesto nas súas intervencións parlamentarias que reuniu nun texto editado en [[1916]], nas intervencións realizadas desde a presidencia de diversas Asembleas nacionais e rexionais e congresos de interese pedagóxico. Foi Presidente da Liga de los Amigos de la Enseñanza e dirixiu o ''Boletín de la Liga Protectora de la Educación Nacional'' a comezos do século XX, con marcados acenos rexeneracionistas; era un dos vocais da [[XuntaJunta depara Ampliación de EstudosEstudios e Investigaciones Científicas]].
 
A súa defensa constante da necesidade de melloras corporativas e profesionais para o Maxisterio deulle credibilidade entre este sector profesional, que o honrou dedicándolle un busto e un singular pedestal nos xardíns da Alameda de Pontevedra.
 
== Véxase tamén ==
{{commonscat}}
=== Ligazóns externas ===
{{AJAE|77}}
* [http://www.culturagalega.org/albumdaciencia/detalle.php?id=77 Eduardo Vincenti no Álbum da ciencia] [[CCG]].
{{commons|category:Eduardo Vincenti}}
 
{{Árbore xenealóxica Montero Ríos}}
 
{{Control de autoridades}}
 
{{ORDENAR:Vincenti Reguera, Eduardo}}
[[Categoría:Ministros de España]]
186.507

edicións