Diferenzas entre revisións de «Gálea»

sen resumo de edición
m
[[Ficheiro:Helmet typ Weissenau 01.jpg|miniatura|170px|Casco imperial ou gálea.]]
 
O '''casco imperial romano''' ou '''gálea''' (do [[latín|latín clásico]] ''galĕa'') é un tipo de casco militar romano, provisto de protectores das meixelas, empregado polas lexións romanas da época do Imperio. Substituíu o [[Cascocasco de Montefortino]] e o [[Cascocasco Coolus]].
 
Era de [[coiro]], no cal se diferenciaba do ''cassis'' (que era de [[metal]]); con todo os escritores, inda os militares, non sempre observan esta distinción. Sábese que no exército de Servio Tulio levaban gálea os cidadáns das tres primeiras clases, os cales ían armados á grega. [[Propercio]] (XIV, 10, 20) presenta a [[Rómulo e Remo|Rómulo]] levando unha ''galea lupina'' (casco de pel de [[lobo]]) e, en efecto, os [[vélites]] romanos levaban unha pel deste animal enriba do casco e os augures, por unha reminiscencia dun antigo costume, levaban na cabeza unha pel de animal.
10.315

edicións