Rusia: Diferenzas entre revisións

Contido eliminado Contido engadido
Isili0n (conversa | contribucións)
Sen resumo de edición
Liña 81:
 
=== Federación Rusa ===
[[Ficheiro:Boris Yeltsin 1993.jpg|miniatura|dereita|200px|[[Boris Eltsin]], primeiro Presidente da Rusia post-soviéticapostsoviética.]]
Coa independencia en [[1991]] da [[Unión Soviética]] creouse a actual Federación Rusa. Rusia era a máis grande das 15 repúblicas que formaban a Unión Soviética, acumulaba máis do 60% do [[PIB]] e máis da metade da poboación. Os rusos tamén dominaban ó exército soviético e o [[Partido Comunista da Unión Soviética|Partido Comunista]]. Por isto, Rusia foi amplamente aceptada como o estado sucesor da antiga URSS en canto ós asuntos diplomáticos se refire, e pasou a formar parte como membro permanente do [[Consello de Seguridade das Nacións Unidas]].
 
A pesar desa aceptación, a Rusia post-soviéticapostsoviética carecía do poder militar, político e económico da URSS. Rusia conseguiu que as demais ex Repúblicas Soviéticas entregaran voluntariamente as [[arma nuclear|armas nucleares]], concentrándoas así baixo o mando das aínda efectivas forzas aéreas, pero a maior parte do exército e a frota rusa estaban inmersos na confusión en [[1991]]. Antes da disolución formal da Unión Soviética, [[Boris Eltsin]] fora elixido Presidente de Rusia en xuño de 1991 na primeira elección presidencial directa da historia rusa. En outubro de 1991, cando Rusia estaba ao bordo da independencia, Eltsin anunciou que o país procedería cunha reforma radical cara á economía de mercado seguindo as directrices do "big bang" polaco, tamén coñecido como [[terapia de choque]].
 
Hoxe en día Rusia aínda ten parte da cultura política e a estrutura social do seu pasado soviético.