Diferenzas entre revisións de «Neurona»

sen resumo de edición
A '''[[enfermidade de Parkinson]]''', é un trastorno dexenerativo crónico e progresivo do [[sistema nervioso central]] que a miúdo afecta ás habilidades motoras e á fala do paciente. A enfermidade de Parkinson pertence a un grupo de doenzas que orixinan [[trastornos do movemento]]. Caracterízase pola rixidez muscular, [[Tremor (Psicoloxía)|tremores]], movementos físicos lentos ([[bradiquinesia]]), e en casos extremos, perda da capacidade de movemento ([[aquinesia]]). Os síntomas principais son o resultado da diminución da estimulación do [[córtex motor]] polos [[ganglio basal|ganglios basais]], normalmente causada pola insuficiente formación e actividade da [[dopamina]], que se produce nas neuronas dopaminérxicas do [[cerebro]]. Os síntomas secundarios poden incluír disfuncións cognitivas e problemas sutís de linguaxe.
 
A '''[[miastenia gravis]]''' é unha doenza neuromuscular que produce unha debilidade muscular flutuante e cansazo ao realizar actividades simples. A debilidade está causada por [[anticorpo]]s circulantes que bloquean os [[receptores de acetilcolina]] na unión neuromuscular post-sinápticapostsináptica, que inhiben o efecto estimulante do [[neurotransmisor]] [[acetilcolina]], polo que é unha doenza autoinmunitaria. A miastenia trátase con [[inmunosupresor]]es, inhibidores da [[colinesterase]] e, en determinados casos, coa extirpación do [[timo]].
 
=== Desmielinización ===
10.315

edicións