Molécula: Diferenzas entre revisións

Contido eliminado Contido engadido
m fix homoglyphs: convert Cyrillic characters in [М]oscova to Latin
m arranxiño
Liña 8:
Unha molécula pode consistir en varios átomos dun único [[elemento químico]], como no caso do [[osíxeno]] diatómico (O<sub>2</sub>), ou de diferentes elementos, como no caso da [[auga]] (H<sub>2</sub>O). Os átomos e complexos unidos por enlaces non covalentes como os [[Ponte de hidróxeno|enlaces de hidróxeno]] e os [[Enlace iónico|enlaces iónicos]] non se adoitan considerar como moléculas individuais.
 
As moléculas como compoñentes da materia son comúns nas substancias orgánicas (e por tanto na [[bioquímica]]). Tamén conforman a maior parte dos [[océano]]s e da [[atmosfera terrestre|atmosfera]]. Con todo, un gran número de substancias sólidas familiares, que inclúen a maior parte dos [[mineral|minerais]] que compoñen a [[Codia terrestre|codia]], o [[Manto terrestre|manto]] e o [[Núcleo da Terra|núcleo]] da [[Terra]], conteñen moitos enlaces químicos, pero non están formados por moléculas. Ademais, ningunha molécula típica pode ser definida nos [[Redes de Bravais|cristais]] iónicos ([[Sal (química)|sales]]) ou en cristais covalentes, aínda que estean compostos por [[Cela fundamental|celas unitarias]] que se repiten, xa sexa nun plano (como no [[grafito]]) ou en tres dimensións (como no [[diamante]] ou o [[cloruro de sodio ]]). Este sistema de repetir unha estrutura unitaria varias veces tamén é válida para a maioría das [[Estado da materia|fases condensadas]] da [[materia]] con [[enlace metálico|enlaces metálicos]], o que significa que os metais sólidos tampouco están compostos por moléculas identificables. No [[vidro]] (sólidos que presentan un estado vítreo desordenado), os átomos tamén poden estar unidos por enlaces químicos sen que se poida identificar ningún tipo de molécula, pero tampouco existe a regularidade da repetición de unidades que caracteriza aos [[cristal|cristais]].
 
A molécula máis sinxela que existe é a de hidróxeno gas, xa que está formada por dous átomos de hidróxeno, que é á súa vez o átomo máis sinxelo que existe por estar formado unicamente por un neutrón, un protón e un electrón xirando ó redor do núcleo formado polos dous primeiros.