La fanciulla del West: Diferenzas entre revisións

Contido eliminado Contido engadido
Breogan2008 (conversa | contribucións)
Sen resumo de edición
lig int
Liña 134:
Chega o xinete de Pony Express ("La posta!") e entrega un telegrama para Nina Micheltorena, ofrecendo revelar o acocho de Ramerrez. O sheriff dille a Minnie que a ama, mais ela rexéitao porque está esperando o home axeitado ("Ti voglio bene, Minnie").
 
Un estraño entra no saloon e pide un whisky con auga. Preséntase como Dick Johnson, de [[Sacramento, CaliforniaEstados Unidos|Sacramento]], a quen Minnie coñecera anteriormente. Johnson invita a Minnie a bailar con el e ela acepta. Rance míraos enfadado.
 
Ashby regresa cun membro da banda de Ramerrez (Castro), capturado. Ao ver o seu líder, Johnson, no saloon, Castro acepta guiar a Rance, Ashby e os mineiros na busca de Ramerrez, e o grupo ségueo por un camiño falso no que resulta ser unha busca inútil. Mais antes de que Castro marche, murmúralle ao oído a Johnseon que alguén asubiará e Johnson deberá responder para confirmar que o lugar está limpo. Escóitase un asubío, mais Johnson non responde.