Imperio Español: Diferenzas entre revisións

Contido eliminado Contido engadido
m →‎Consideracións xerais: Caribe (rexión)
corrixo lig int
Liña 362:
España tamén se enfrontou con Portugal pola [[Colonia do Sacramento]] no actual Uruguai, que era a base do contrabando británico polo Río da Prata. En [[1750]] Portugal cedeu a colonia a España a cambio de sete das trinta [[Reducións xesuíticas|reducións guaranís]] dos xesuítas na fronteira con Brasil. Os españois tiveron que expulsar aos xesuítas, xerando un conflito cos guaranís que durou once anos.
[[Ficheiro:Flag of Spain (1785-1873 and 1875-1931).svg|miniatura|205px|esquerda|[[Bandeira de España|Bandeira do Reino de España]] desde [[1785]].]]
O desenvolvemento do comercio naval promovido polos Borbóns en América foi interrompido pola frota británica durante a [[guerra dos Sete Anos]] ([[1756]]-[[1763]]) na que España e Francia enfrontáronse a Gran Bretaña e Portugal por conflitos coloniais. Os éxitos españois no norte de Portugal víronse eclipsados pola toma inglesa da [[A Habana|Habana]] e [[Manila]]. Finalmente, o [[Tratado de París (1763)|Tratado de París]] de [[1763]] puxo fin á guerra. Con esta paz, España recuperou Manila e A Habana, aínda que tivo que devolver [[Sacramento,Colonia Californiado Sacramento|Sacramento]]. Ademais Francia entregou a España a [[Luisiana]] ao oeste do [[río Mississippi]], incluída a súa capital, [[Nova Orleans]], e España cedeu [[Florida]] a Gran Bretaña.
 
En calquera caso, o século XVIII foi un período de prosperidade no imperio de ultramar grazas ao crecemento constante do comercio, sobre todo na segunda metade do século debido ás reformas borbónicas. As rutas dun só barco en intervalos regulares foron lentamente substituíndo o antigo costume de enviar ás frotas de Indias, e na [[Anos 1760|década de 1760]], había rutas regulares entre Cádiz, [[A Habana]] e Porto Rico, e en intervalos máis longos co [[Río da Prata]], onde se creou un novo vicerreinado en [[1776]]. O contrabando, que foi o cancro do imperio dos Habsburgo, declinou cando se puxeron en marcha os [[Navío de rexistro|navíos de rexistro]].