Estados Unidos de América: Diferenzas entre revisións

Contido eliminado Contido engadido
Castelao (conversa | contribucións)
m Elimino homónimos
lig int
Liña 182:
[[Ficheiro:New-York-Jan2005.jpg|250px|dereita|miniatura|[[Nova York]].]]
 
Estados Unidos é un país altamente urbanizado. Cerca do 91% da poboación norteamericana vive en [[cidade]]s. Estas cobren apenas o 2,75% da área total do país. Existen dúas grandes [[megalópole]]s no país. Unha está localizada na rexión nordeste dos EUA, composta principalmente por [[Nova Jersey]], [[Nova York]], [[Buffalo, Nova York|Buffalo]], [[Filadelfia]] e [[Washington, DC]]. A outra está localizada na rexión suroeste do país, na [[Océano Pacífico|costa pacífica]], centralizada nas cidades dos [[Os Ánxeles|Ánxeles]], [[San Francisco]] e [[Sacramento, CaliforniaEstados Unidos|Sacramento]].
 
Grandes suburbios arrodean moitas das cidades dos Estados Unidos. As cidades centrais e cidades veciñas forman áreas metropolitanas. Existen preto de 260 áreas metropolitanas no país, das cales as maiores son as de [[Nova York]] que posúe 21 millóns de habitantes; [[Os Ánxeles]], con 17 millóns de habitantes, e [[Chicago]], con 9 millóns. A poboación destes suburbios é considerábel, e moitas veces superior á poboación da cidade central. [[Washington, DC]], por exemplo, posúe só preto de 535 000 habitantes, mentres a súa rexión metropolitana ten preto de 4 millóns. Desde [[1970]] viven máis norteamericanos nos suburbios ca no centro.