Gran Premio dos Estados Unidos de 1959: Diferenzas entre revisións

Contido eliminado Contido engadido
m →‎Ligazóns externas: Arranxos varios + cda
lig int
Liña 92:
Brabham tamén foi adiantado por Brooks polo terceiro posto, pero os últimos tres coches que quedaban aínda estaban varias voltas por detrás. As regras requirían terminar sen axuda, polo que se baixou e empuxou o seu coche ata o outeiro para terminar cuarto e gañar o seu primeiro campionato mundial de pilotos, o primeiro para un piloto australiano. Cooper tamén logrou o seu primeiro campionato como construtor, o primeiro para un coche con motor traseiro. O terceiro lugar de Brooks deu a Ferrari o segundo posto no Campionato de Construtores, Innes Ireland foi quinto a tres voltas no seu Lotus, e Wolfgang von Trips terminou sexto despois de que o motor do seu Ferrari rompera a catro voltas do final. Coa súa vitoria, McLaren converteuse no gañador máis novo da historia dun Gran Premio á idade de 22 anos e 104 días. Ademais do premio en efectivo, tamén gañou varias hectáreas de terreos lindeiros ao Lago Sebring.
 
A pesar do emocionante final de carreira e campionato, o Gran Premio dos Estados Unidos en Sebring foi un desastre financeiro. Os espectaadores eran a metade que na carreira das [[12 Horas de Sebring]] dese ano, e logo do pago de 15.000 $ en premios incluíndo os 6.0006000 $ do gañador, Alec Ulmann case quebrou. Ao ano seguinte, intentouno de novo, na costa oposta, en [[Riverside,]] ([[California]]).
 
== Clasificación ==