Gonzalo Gurriarán: Diferenzas entre revisións

Contido eliminado Contido engadido
Sen resumo de edición
Liña 7:
A [[sublevación do 18 de xullo de 1936]] sorprendeuno no Barco. Estivo agochado un tempo e despois serviu como médico na fronte de Madrid nas tropas de Franco. Ao rematar a guerra abríronlle un expediente de depuración, e non puido exercer a profesión na sanidade pública ata 1948, cando obtivo unha praza de médico en [[Sobradelo de Valdeorras]]. Despois abriu unha clínica cirúrxica no [[O Barco, O Barco, O Barco de Valdeorras|Barco]].
 
En [[1944]] creou o Club de Montaña Pena Trevinca - Montañeiros de Galicia, que servía tamén para protexer as súas visitas á montaña da constante vixilancia da [[Garda Civil]] e dos falanxistas. Impulsou a construción do [[refuxio de Fonte da Cova]], dotou ao local social do Barco dunha biblioteca con libros de montañismo, xeoloxía, flora, historia e [[xeografía de Galicia]] e promoveu actividades relacionadas coa reforestación da serra e a sensibilización sobre a masa arbórea en extinción. Dirixiu a primeira e única selección galega de esquí, que debutou na [[serra do Guadarrama]].
 
Morreu en [[Igualada]] vítima dun accidente de tráfico durante unha viaxe en [[1975]].