OU-536: Diferenzas entre revisións

Contido eliminado Contido engadido
Sen resumo de edición
Liña 24:
A [[Xunta de Galicia]] levou a cabo unha redenominación das súas estradas en 2002 seguindo a política de racionalización da nomenclatura dos viarios iniciada polo [[Ministerio de Fomento de España|Ministerio de Fomento]]. Esta nomenclatura nas estradas nacionais non fora alterada desde [[1941]], e nas autovías e autoestradas desde [[1967]].
 
O seu inicio está no campus universitario de Ourense e o cabo nas piscinas municipais da Pobra de Trives.
 
== Historia ==
 
A OU-536 foi trazada na década de 1850 (Real Orde de [[12 de decembro]] de [[1852]] que ordena a súa construción), para o que se realizaron numerosas pontes e pasos superiores de arco en [[cantaría]] (moi comúns na época), e aproveitando antigas pontes romanas como a [[Ponte Bibei]] ([[Mendoia, A Pobra de Trives|Mendoia]]) e a da [[Ponte da Cigarrosa|A Cigarrosa]] ([[Petín]]). Nun principio, a infraestrutura chamábase "estrada de Segunda Orde [[Ponferrada]]-[[Ourense]]" (como de primeira orde aparece en diversos planos da Xefatura Provincial de Estradas de Ourense, sendo admitida nesta última categoría), e posteriormente, a partir de 1941, foi [[N-120]] ([[Logroño]]-[[Vigo]], treito [[Ponferrada]]-[[Ourense]]). Era o acceso centro a [[Galicia]] oficialmente ata a década de 1970 (pois o Plan de Accesos a Galicia de 1970 decidira a construción dun novo acceso central que non contemplaba o trazado entre [[A Rúa]] e [[Ourense]] pola [[Pobra de Trives]]), e vía de comunicación principal entre A Rúa e Ourense ata o ano [[1987]], cando se finalizou a actual N-120.
 
En [[1987]] foi integrada na Rede de Estradas Autonómicas de Galicia, coa nova denominación de C-536, e pasou a ser a ruta da actual OU-536 unha ruta secundaria e deficitaria con respecto á nova N-120, que discorre a partir de entón polas localidades do sur lugués de [[Monforte de Lemos]] e [[Quiroga]].
 
===Obras de acondicionamento===
Liña 33 ⟶ 37:
En [[1965]] e en [[1966]] foron estabilizados algúns [[terraplén]]s e desprazada a traza do viario debido a afundimento de muros antigos nos concellos de [[Castro Caldelas]] e [[A Pobra de Trives]] (PK 82, zona coñecida como 'curva do espello' sentido Trives); así como ampliada a calzada en numerosos puntos (significativa é a actuación no treito [[Trives]]-[[Larouco]]). Tamén se procedeu ao pintado de marcas viarias. A OU-536 ([[N-120]]) non foi contemplada polo [[Plan REDIA]] de [[1967]], e non se produciu un acondicionamento do trazado en alzado e en planta ata mediada a década dos oitenta, no treito que discorre desde [[Castro Caldelas]] ata [[Esgos]] como N-120 aínda (daquela estábase construíndo a actual [[N-120]] entre [[Toral de los Vados]] e [[O Barco de Valdeorras|O Barco]], e o treito entre [[A Rúa]] e [[Monforte de Lemos]] estaba operativo como [[C-533]]).
 
No ano [[1994]] a OU-536 ampliábase a 3 carrís (con inclusión de [[carril bici]], posteriormente suprimido) e acondicionábase xeometricamente ata unha velocidade de proxecto de 80km/h no treito que discorre desde [[Ourense]] ata [[A Derrasa, San Xoán de Moreiras, O Pereiro de Aguiar|A Derrasa]]. En [[1996]] finalizaban as obras de acondicionamento xeométrico do treito [[Castro Caldelas]]-[[Alto de Cerdeira]] (realizadas por OTECA S.A.); e en [[1997]] finalizaban as obras do acondicionamento xeométrico do treito [[Alto de Cerdeira]]-[[A Pobra de Trives]], executadas por Arias Hermanos S.A.
 
É unha estrada que ultimamente tivo melloras de seguridade viaria e sinalización vertical ata a vila de [[Xunqueira de Espadanedo]] desde [[Ourense]]. O seu trazado é aínda moi sinuoso en numerosos treitos, como o que discorre desde [[Xunqueira de Espadanedo]] ata [[A Caseta, As Chás, Maceda|A Caseta]] ([[Maceda]]).
 
== Marco institucional ==
En [[1987]] foi integrada na Rede de Estradas Autonómicas de Galicia, coa nova denominación de C-536, e pasou a ser a ruta da actual OU-536 unha ruta secundaria e deficitaria con respecto á nova N-120, que discorre a partir de entón polas localidades do sur lugués de [[Monforte de Lemos]] e [[Quiroga]].
 
O seu inicio está no campus universitario de Ourense e o cabo nas piscinas municipais da Pobra de Trives.
 
[[Category:Estradas]]