Otto von Bismarck: Diferenzas entre revisións

Contido eliminado Contido engadido
troco a modelo Político
m arranxiño
Liña 83:
En 1862, tras ser nomeado [[Primeiros ministros de Prusia|primeiro ministro de Prusia]], emprendeu unha importante reforma militar que lle permitiu dispoñer dun poderoso exército para levar a cabo os seus plans de unificación. Desta forma, en 1864 conseguiu [[Guerra dos Ducados|arrebatar a Dinamarca]] os [[Duque|ducados]] de [[Distrito de Herzogtum Lauenburg|Lauenburgo]], [[Ducado de Schleswig|Schleswig]] e [[Holstein]]<ref name="Pflanze">Pflanze, Otto, “A unificación de Alemaña”, páx. 233.</ref> e, dous anos máis tarde, logo da [[Guerra austro-prusiana|loita contra Austria]], conseguiu a anexión de [[Hesse]],<ref name="Pflanze" /> [[Frankfurt]],<ref name="Pflanze" /> [[Hannover]]<ref name="Pflanze" /> e [[Ducado de Nassau|Nassau]],<ref name="Pflanze" /> o que deu lugar á creación da [[Confederación Alemá do Norte]],<ref name="Otto">Pflanze, Otto, “El nuevo estado”, páx. 245</ref> con Bismarck como [[chanceler]].<ref name="Otto" /> Para rematar, a [[Guerra franco-prusiana|guerra contra Francia]] supuxo a [[Baviera|adhesión de Baviera]], entre outros estados, e en 1871 proclamouse o [[Imperio Alemán|Segundo Imperio Alemán]] no [[Palacio de Versalles]] de [[París]].<ref name="PO">Pflanze, Otto, “A gran Alemaña”, páx. 262.</ref> Bismarck converteuse en primeiro ministro de Prusia e chanceler.<ref name="PO" /> Durante os 19 anos que se mantivo no poder levou a cabo unha política conservadora, enfrontándose inicialmente aos [[Catolicismo|católicos]] e combatendo á [[socialdemocracia]].<ref name="Wilhelm" /> Foi tamén o organizador da [[Tripla Alianza (1882)|Tripla Alianza]], con [[Italia]] e [[Imperio Austro-Húngaro|Austria-Hungría]], creada en 1882 para illar a [[Francia]].
 
En [[1871]], [[Guillerme I de Alemaña|Guillerme I]] -rei de [[Prusia]]- nomeouno [[Chanceler de Alemaña|chanceler]]. A [[política interior]] de Bismarck apoiouse nun réxime de [[Autoritarismo|poder autoritario]], malia a [[Constitución|aparencia constitucional]] e do [[sufraxio universal]] destinado a neutralizar ás [[Clase media|clases medias]] ([[Constitución federal de 1871]]). Inicialmente gobernou en coalición cos liberais, centrándose en contrarrestar a influencia da [[Igrexa Católicacatólica]] (''Kulturkampf'') e en favorecer os intereses dos grandes [[terratenente]]s mediante unha [[Libre mercado|política económica librecambista]]; en 1879 rompeu cos liberais e aliouse co partido católico (''[[Zentrum]]''), adoptando [[Proteccionismo|posturas proteccionistas]] que favorecesen o crecemento industrial alemán.<ref name="Wilhelm" /> Nesa segunda época centrou os seus esforzos en frear o movemento obreiro alemán, ao que ilegalizó aprobando as [[Leis Antisocialistas]], á vez que intentaba atraerse aos traballadores coa lexislación social máis avanzada do momento.<ref name="Wilhelm" /><ref>Extraído de [http://www.biografiasyvidas.com/biografia/b/bismarck.htm Biografias y Vidas] D'acordo a sección [http://www.biografiasyvidas.com/reproducir.htm ¿Desea copiar material?].</ref>
 
En [[política exterior]], mostrouse prudente para consolidar a unidade alemá recentemente conquistada: por unha banda, forxou un entramado de alianzas diplomáticas ([[Tripla Alianza (1882)|con Austria, Rusia e Italia]]) destinado a illar a [[Francia]] en previsión dun posible desquite;<ref name="OP">Pflanze, Otto, “El balance del poder”, páx. 337</ref> por outro, mantivo a Alemaña apartada do vórtice imperialista que por entón arrastraba ao resto das potencias europeas. Foi precisamente esta precaución fronte á carreira colonial o que o enfrontou co novo emperador, [[Guillerme II de Alemaña|Guillerme II]] (1888-1918), partidario de prolongar a ascensión de Alemaña coa adquisición dun Imperio ultramarino, asunto que provocou a caída de Bismarck en 1890. Ao faltarlle o apoio do emperador Guillerme II, quen subira ao trono en 1888, Bismarck presentou a súa [[dimisión]] en 1890 e retirouse a vivir ao campo. Faleceu en [[Friedrichsruh]] o [[30 de xullo]] de [[1898]] aos 83 anos de idade.<ref name="Wilhelm" /><ref name="Richter" />