Diferenzas entre revisións de «Isaac Newton»

m
Variación de redacción de nacemento
m (Variación de redacción de nacemento)
|sinatura = Isaac Newton signature.svg
}}
'''Isaac Newton''', nado en Woolsthorpe, [[Lincolnshire]], o [[4 de xaneiro]] de [[1643]] (día de Nadal de 1642 segundo o [[calendario xuliano]]) e finado en [[Londres]] o [[31 de marzo]] de [[1727]], foi un [[físico]], [[matemático]] e [[astrónomo]] inglés. A súa contribución máis notable foi a [[lei da gravitación universal]], sobre a que [[Joseph Louis Lagrange|Lagrange]] escribiu: "o sistema do mundo descúbrese unha soa vez". Pero a obra de Newton, pola súa contribución capital á ciencia moderna, ten unha importancia moito maior. Foi un dos creadores, xunto con [[Leibniz]], do [[cálculo infinitesimal]]. Tamén foi descubridor de varias leis da física, entre elas a [[lei da gravidade]]. Para el, a función da ciencia era descubrir leis universais e enuncialas de forma precisa e racional.
 
== Traxectoria ==
Naceu o día de Nadal de 1642 segundo o [[calendario xuliano]]. Aos 18 anos foi enviado a [[Cambridge]], onde se distinguiu pouco a pouco dos demais alumnos e fixo moitas contribucións importantes á ciencia, sendo os chamados [[Principios de Newton]] os máis coñecidos. Estudou no [[Trinity College]], en [[Cambridge]], graduándose en [[1665]]. Foi un dos principais precursores da [[Ilustración]], e o seu traballo científico sufriu forte influencia do seu profesor e orientador [[Isaac Barrow]] (desde 1663), e de [[Frans van Schooten]], [[François Viète]], [[John Wallis]], [[Descartes]], [[Pierre de Fermat|Fermat]] e [[Bonaventura Cavalieri]], das concepcións de [[Galileo Galilei|Galileo]] e [[Johannes Kepler|Kepler]], da teoría de [[Aristóteles]] sobre rectas tanxentes ás curvas, do traballo de [[Apolonio de Perge|Apolonio]] sobre cónicas e da xeometría de [[Euclides]].
 
=== Binomio de Newton ===
14.513

edicións