Napoleón I de Francia: Diferenzas entre revisións

Contido eliminado Contido engadido
Banjo (conversa | contribucións)
Sen resumo de edición
Liña 107:
Ante o desastre español, Napoleón púxose persoalmente á fronte de exército o 30 de agosto de 1808. En dous meses, tras derrotar as forzas españolas en Gamonal, Espinosa e Tudela, e acadar unha vitoria na [[batalla de Somosierra]], rendeu [[Madrid]]. Quedando abolidas en España a Inquisición e os privilexios feudais, creouse un mercado único e restableceuse a Constitución de Baiona. Napoleón avanzou ata o noroeste; dividindo ás forzas británicas: Wallesley fuxiu a Lisboa; Sir [[John Moore]] escapou a marchas forzadas ata [[A Coruña]]. Cando estaba a piques de alcanzalo, Napoleón tivo que volver a Francia debido ao levantamento de Austria. Poucos días despois Moore caeu na [[batalla de Elviña]].
 
A finais de 1810 toda a Península Ibérica estaba ocupada polo exército francés, agás [[Lisboa]], [[Cádiz]] e o [[Reino de Galicia]]. A [[Igrexa Católicacatólica|Igrexa]] alentaba á [[guerrilla]] contra os ''impíos'' franceses. Convocáronse as [[Cortes de Cádiz]]. Pero, co tempo, España converteuse nunha sangría de homes e recursos para Francia. O propio Napoleón decatouse de que se trataba dunha guerra ''sen fronte nin retagarda''.
 
=== Levantamento austríaco ===